O obxectivo xeral desta convocatoria do Concello de Vigo é apoiar e potenciar a oferta sociocultural da cidade nun espazo singular como é o Auditorio-Pazo de Congresos “Mar de Vigo”, de titularidade municipal, dotandoo dunha serie de actividades socioculturais que afonden na diversidade das programacións, no acceso aos discursos artísticos plurais e na creación de novos públicos.
PERSOAS BENEFICIARIAS
Empresas, persoas xurídicas ou sociedades legalmente constituídas que reúnan os seguintes requisitos:
- Finalidades coincidentes coas da subvención.
- Entidade solicitante exerza de promotora/organizadora directa da actividade proposta.
- Que dispoñan de estrutura suficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos propostos.
- Xustificación das subvencións solicitadas e concedidas en convocatorias anteriores.
Excepcións: non poderán acollerse á presente convocatoria persoas físicas nin entidades sen ánimo de lucro.
ACCIÓNS SUBVENCIONABLES
O período establecido para a execución das actividades socioculturais financiadas ao amparo desta convocatoria será dende o 1 de novembro de 2023 ao 31 de outubro de 2024, ambos inclusive.
O ámbito de aplicación da presente convocatoria serán as actividades socioculturais realizadas nos espazos do Auditorio-Pazo de Congresos “Mar de Vigo”, de conformidade coas normas de funcionamento e uso aprobadas polo acordo da Xunta de Goberno Local.
Serán tarefas, entre outras, do Auditorio-Pazo de Congresos:
- Facilitar a organización de espectáculos de teatro, danza, música, cine e/ou calquera outra manifestación cultural ou artística en calquera das súas modalidades.
- A difusión, promoción e divulgación de calquera das súas modalidades.
- A procura de fórmulas que contribúan á formación de novos públicos, así como a incentivar a afección polas actividades culturais, tamén entendidas como alternativa de ocio nos sectores máis novos da poboación.
- A promoción de celebración de congresos, convencións, exposicións, etc.
- As prestacións de servizos dirixidos á organización de ditas actividades.
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
Gastos realizados entre 1 de novembro de 2023 e 31 de outubro de 2024, como por exemplo:
- Pagamentos de cachés, honorarios e/ou nóminas de artistas.
- Gastos de viaxes, aloxamentos, axudas de custo, produción técnica e escenografía.
- Pagamentos de dereitos de autor a entidades de xestión pola actividade subvencionada.
- Contratación de servizos técnicos e profesionais.
- Alugueiro de materias primas e/ou equipos técnicos.
- Gastos de promoción, difusión e publicación en diferentes soportes.
- Gastos derivados do alugueiro e utilización dos espazos do Auditorio-Pazo de Congresos “Mar de Vigo”
CONTÍA DAS AXUDAS
A subvención non poderá superar o 50 % do importe do custo total de gastos presentado para a execución da actividade proposta.
Se un mesmo solicitante presente solicitude de subvención para distintas actividades, o importe máximo total de axuda por beneficiario será de 200.000 €.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Criterio 1: Viabilidade económica e financeira da actividade proposta: ata 15 puntos.
Valorada en base á porcentaxe económica solicitada con respecto ao custo da actividade proposta.
Viabilidade económica e financeira. Importe solicitado respecto ao orzamento total | ||||
De 0 a 10 % | De 11 a 20 % | De 21 a 30 % | De 31 a 40 % | De 41 a 50 % |
15 puntos | 12 puntos | 10 puntos | 7 puntos | 5 puntos |
Criterio 2: Traxectoria da entidade solicitante: ata 25 puntos.
En función da antigüidade
Traxectoria e antigüidade da entidade | |||
De 0 a 8 anos | De 8 a 12 anos | De 12 a 15 anos | Máis de 15 anos |
10 puntos | 15 puntos | 20 puntos | 25 puntos |
Criterio 3: Volume de gastos da actividade proposta: ata 40 puntos.
Importe total dos gastos
Volume de gastos de actividade proposta | ||||
De 1 a 9.000 € | De 9.001 a 15.000 € | De 15.001 a 20.000 € | De 20.001 a 30.000 € | Máis de 30.000 € |
10 puntos | 15 puntos | 25 puntos | 30 puntos | 40 puntos |
Criterio 4: Prezo da entrada: ata 20 puntos.
Importe do prezo de venda de entradas para as actividades.
Prezo da entrada | ||||
De 0 a 10 € | De 11 a 15 € | De 16 a 20 € | De 21 a 25 € | Máis de 25 € |
20 puntos | 15 puntos | 10 puntos | 7 puntos | 5 puntos |
A contía da subvención virá determinada polo produto do total dos puntos obtidos pola actividade proposta e o valor do punto. Este valor obterase mediante o cociente entre o importe destinado á presente convocatoria e o número total de puntos obtidos polos posibles beneficiarios.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
MÁIS INFORMACIÓN
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír á información proporcionada nos documentos oficiais.