PROGRAMA RE-ACCIONA 2025

Se estás interesado en mellorar a competitividade da túa empresa e aprender a enfrentarte aos novos retos do mercado, a través da convocatoria do programa Re-acciona 2025 do IGAPE poderás acceder a un conxunto de servizos arredor dos principais eixes de competitividade.

O Igape pon en marcha o programa Re-acciona, un plan de mellora da competitividade empresarial en réxime de concorrencia non competitiva. Grazas a esta iniciativa, as empresas galegas poderán acceder a unha serie de servizos deseñados para axudar ás pemes a mellorar os seus procesos, afrontar os novos retos do mercado, xestionar o talento ou impulsar accións innovadoras.

PERSOAS BENEFICIARIAS

  • Persoas autónomas.
  • Pemes.
  • Asociacións, fundacións ou entidades sen personalidade xurídica que desenvolvan actividade empresarial.

Requisitos que deben cumprir:

  • Contar cun centro de traballo en Galicia.
  • Contar cun mínimo de 3 traballadores no ano 2024, excepto para o servizo de “Apoio para empresas emerxentes innovadoras”.
  • Cumprir os límites de axudas de minimis (300.000 € en 3 anos; 40.000 € para pesca e 50.000 € para agricultura).
  • As empresas innovadoras deben demostrar unha base tecnolóxica ou diferencial.

SERVIZOS RE-ACCIONA

Os servizos aos que poden acceder as empresas, que deberán ser prestados polas entidades colaboradoras, divídense en 3 categorías, segundo o seguinte esquema:

DenominaciónNº aproximado de horasImporte do servizo (sen IVE)Custo para a empresa (sen IVE)
Análise e avaliación competitiva60 horas3.780 €756 €
Optimización e mellora competitiva85 horas5.355 €1.071 €
Estratexias de competitividade avanzada100 horas6.300 €1.260 €

 Categoría 1: Ánalise e avaliación competitiva.

  • Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora.
  • Xestión financeira e procura de financiamento.
  • Protección da innovación.
  • Asesoramento para o financiamento da innovación, servizo parcial.

 Categoría 2: Optimización e mellora competitiva.

  • Desenvolvemento estratéxico integral da empresa.
  • Análise do cumprimento normativo e os riscos laborais (Compliance).
  • Asesoramento para o relanzamento comercial.
  • Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.
  • Protección da innovación (modalidade A), servizo completo.
  • Apoio para empresas emerxentes innovadoras.
  • Consultaría modular para pemes en captación, retención e xestión de talento.

Categoría 3: Estratexias de competitidade avanzada.

  • Circularización e optimización dos procesos de produción e cadea loxística.
  • Preparación de procesos certificables.
  • Desenvolvemento dunha estratexia de integración ESG na Peme: impulso da empresa cara a sustentabilidade e a creación de valor.
  • Asesoramento para o financiamento da innovación, servizo completo.

CONTÍA

Subvención do  80 % do importe do servizo prestado á entidade colaboradora directamente (é dicir, a empresa só tería que pagar o 20% dos servizos contratados e o IVE).

Poderase solicitar axudas para a prestación de ata 2 servizos por peme beneficiaria.

PRAZO

Dende o 21 de xaneiro as 9:00h ata o 15 de novembro de 2025 as 14:00h ou ata que se esgoten os fondos.

A solicitude deberá facerse a través da empresa colaboradora que a empresa escolla.

MÁIS INFORMACIÓN

Consulta a RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2024 pola que se da publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (programa Re-acciona) para o ano 2025, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva

CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: IG402A

INFOGRAFÍA

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *