PROGRAMA PEME INNOVA 2025

Queres que a túa empresa medre a través da innovación? A Cámara de Comercio lanza o Programa PEME Innova 2025, un programa de axudas para pequenas e medianas empresas que queiran darlle un pulo á súa competitividade incorporando solucións que supoñan innovacións significativas nos produtos, servizos ou procesos. Non deixes pasar esta oportunidade!

A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa convoca o Programa de axudas PEME Innova 2025, co cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),  dirixidas ás PEMES e aos autónomos dados de alta no IAE no territorio da súa demarcación cameral e que ten pro finalidade mellorar a súa competitividade mediante a integración da innovación nas súas estratexias empresariais. 

Para poder levar isto a cabo, o Programa proporciónalle ás empresas beneficiarias:

  • Unha análise ou diagnóstico gratuíto das necesidades, centradas na innovación.
  • Un asesoramento personalizado, definindo que plan ou solución de innovación levar a cabo.
  • Unha axuda económica para a implantación do plan de innovación.

BENEFICIARIOS

Pequenas e medianas empresas, xa sexan persoas físicas (autónomas) ou xurídicas, que estean validamente constituídas no momento de presentación da solicitude e que cumpran ademais os seguinte requisitos:

  • Estar de alta no Censo do IAE antes do 1 de xaneiro de 2023.
  • Ter unha facturación mínima de 100.000€ na última anualidade.
  • Ter o domicilio social e/ou centro produtivo nalgún dos municipios da demarcación da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.
  • Estar ao día nas obrigas tributarias e da Seguridade Social.
  • Non ter a condición de empresa en crise.

Exclusións

Exclúense destas axudas:

  • As comunidades de bens e as sociedades civís, así como as unións temporais de empresas, asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro.
  • Non poderán participar na Fase I de asesoramento as empresas que realizasen o diagnóstico asistido en innovación na anualidade anterior. 
  • Non poderán ser beneficiarias da Fase II as empresas que resultaran beneficiarias desta fase nalgunha convocatoria anterior do Programa no período de programación FEDER 2021-2027  e con posterioridade ao 31/12/2023.

Cabe destacar que poderán acceder directamente á Fase II de Implantación de Solucións Innovadoras as PEMEs que xustifiquen a súa participación previa na Fase I destas axudas na anualidade anterior, ou as que acrediten ter participado na anualidade anterior nun programa similar de asesoramento para a incorporación da innovación nas PEME.

ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES

Este programa de axudas subvencionará os gastos asociados á execución do Plan de Implantación por parte dos provedores libremente seleccionados pola empresa beneficiaria. Así, este programa inclúe as dúas accións ou fases de apoio seguintes:

Fase I. Diagnóstico Asistido en Innovación: nesta fase realizaráselle á PEME n diagnóstico co fin de analizar o seu nivel en materia de innovación e as súas posibilidades de mellora mediante o estudio do nivel de competitividade da empresa con respecto ao seu entorno económico e mercado. Trátase dun diagnóstico totalmente gratuíto para a empresa.

Fase II. Implantación de solucións innovadoras:  consistirá nunha axuda económica para a execución do Plan de Implantación resultado da fase I e a implantación das solucións propostas e melloras detectadas no diagnóstico. O Plan Personalizado de Implantación terá en conta as características e o sector da actividade da empresa. Tamén se inclúen actuacións de seguimento e acompañamento por parte da Cámara de Comercio para facilitar o aproveitamento das solucións implantadas. O prazo máximo para o desenvolvemento desta fase é de 6 meses.

AXUDAS E CONTÍAS

Os servizos de apoio para innovación das PEMES (tanto o asesoramento a través do Diagnóstico Asistido en Innovación como o seguimento da implantación) son gratuítos para as empresas participantes, non supoñendo desembolso algún por parte da PEME beneficiaria.

Ademais deses servizos gratuítos, a contía que cada empresa poderá percibir para a implantación das solucións de innovación será de 4.494€ (un 60% do custo elixible, que como máximo será de 7.490€, que deberá ser pre financiada na súa totalidade pola empresa destinataria)

Axudas baixo o réxime de mínimis.

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00h do día 21 de abril de 2025 e rematará ás 14.00h do 30 de abril de 2025 ou ata esgotarse o orzamento dispoñible.

MÁIS INFORMACIÓN

Consulta a Convocatoria do Programa PEME Innova 2025.

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *