BONO DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS 2025 (TR341Q)

Xa se poden solicitar as axudas do BONO AUTONOMO 2025, destinadas ás persoas autónomas que leven na actividade máis de 42 meses e precisen modernizar o seu negocio, facer melloras no local ou comprar algún equipamento.

Co obxectivo de mellorar a competitividade das persoas autónomas en Galicia, a Xunta de Galicia convoca este programa de axudas que apoia investimentos clave como a adquisición de maquinaria, reformas no local ou a mellora da eficiencia enerxética.  A través desta liña de subvencións pódense financiar investimentos directamente relacionados coa actividade empresarial, como: adquisición de maquinaria, melloras en eficiencia enerxética, equipamentos informáticos, reformas no local de negocio ou deseño de marca, entre outros.

BENEFICIARIOS

As persoas traballadoras autónomas con domicilio social en Galicia que estean de alta no réxime especial de traballadores autónomos ou en mutualidade de colexio profesional e que, na data de solicitude, cumpran os seguintes requisitos:

  • Que teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos computados desde a data da solicitude, na realización efectiva da actividade empresarial ou profesional.
  • Que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual referida ao ano 2023 inferior a 50.000 euros.
  • Que teñan unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2023.

As sociedades de calquera clase con domicilio fiscal en Galicia que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional, e que dita sociedade non fora beneficiaria nin percibira esta axuda nalgunha das cinco últimas convocatorias.
  • Que teñan unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2023 .
  • Que teñan unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración realizada referida ao ano 2023 inferior a 50.000 euros.


Quedan excluídas destas axudas:

  • As persoas autónomas colaboradoras e familiares que realizan traballos para persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de colexio profesional.
  • As persoas autónomas administradoras, salvo que formen parte da sociedade nunha porcentaxe superior ao 25% das súas participacións ou 33% do seu capital.
  • Aqueles/as persoas físicas e/ou xurídicas que recibiran estas axudas nalgunha das cinco últimas convocatorias.

OBRIGAS

As persoas beneficiarias destas axudas deberán cumprir, entre outras, as seguintes obrigas:

  • Permanecer de alta no RETA ou mutualidad de colexio profesional durante un tempo mínimo de dous anos desde a solicitude da subvención.
  • Dispor do modelo de cartel informativo conforme a entidade está sendo subvencionada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Este cartel deberá estar exposto durante 12 meses.

ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES

Poderanse subvencionar os seguintes investimentos:

  • Compra de maquinaria.
  • Compra e/ou instalación para a mellora de eficiencia enerxética.
  • Inversións para a substitución de combustibles fósiles ou materiais cítricos ou escasos.
  • Compra de enxoval e ferramentas.
  • Reforma do local ou espazo de negocio.
  • Equipamento informático.
  • Equipamento de oficina e/ou negocio.
  • Rótulos.
  • Aplicacións informáticas, creación e desenvolvemento de páxinas web, apps e redes sociais.
  • Deseño de marca.

Non serán subvencionables teléfonos móbiles  e smartphones. Tamén se exclúen os gastos de xestión de páxinas web, redes sociais e similares, por considerarse gastos corretes.

No suposto de adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables a persoa beneficiaria deberá destinar os bens ao fin concreto para o que se concedeu a subvención, que non poderá ser inferior a cinco anos en caso de bens inscribibles nun rexistro público, nin a dous anos para o resto de bens.

No caso de reforma do local do negocio exclúese da axuda o domicilio habitual da persoa traballadora autónoma, excepto no caso en que quede acreditado que é imprescindible para o desenvolvemento da actividade do negocio.

IMPORTANTE: Requisitos en canto ás facturas:

  • As persoas beneficiarias terán que xustificar, no momento da presentación,  ter xa realizados os investimentos obxecto de subvención mediante a presentación das facturas e o seu correspondente xustificante bancario de pagamento, onde se identifique de xeito claro as características e o custo do investimento. 
  • Para ser subvencionables, os gastos deberán estar realizados entre o 1 de outubro de 2024 e a data de solicitude (presentación) da axuda. É dicir, tanto  a data de factura como o pago da mesma (data de comprobante bancario) deberán estar dentro dese período e sempre co límite do 30 de setembro de 2025, data de finalización do prazo para a presentación das solicitudes.
  • Estas facturas deberán ser por un importe mínimo de 100€, IVE excluído. Non se admitirán facturas inferiores a ese importe.

CONTÍA DE AXUDA

Poderán concederse subvencións do 60% da actividade que se vai subvencionar (conxunto de investimentos subvencionables realizados), cun importe máximo de 7.000€  por beneficiario.

PRAZO

Desde o 24 de xaneiro ata 30 de setembro de 2025.

INCOMPATIBILIDADES

Esta axuda é incompatible coas axudas que polos mesmos conceptos e gastos podan outorgar as administracións públicas.
Axudas baixo condicións de minimis.

MÁIS INFORMACIÓN

Consulta a ORDE do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axuda ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 20212027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento TR341D, TR790A, TR341Q, TR353D e TR341R).

CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: TR341Q 

Infografía

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *