AXUDAS A STARTUPS PARA O ANO 2025

Convocadas axudas para empresas que teñan a cualificación de “startup”, de recente creación e galegas ou con centro de traballo en Galicia. Aproveita esta convocatoria para impulsar o teu proxecto.

O IGAPE lanza esta convocatoria co fin de fomentar a actividade das startups galegas ou cun centro de traballo en Galicia, subvencionando os gastos e investimentos en que incorran desde o 1 de xaneiro de 2025 ata a data da solicitude de axuda.

BENEFICIARIOS

Poden optar as startups que cumpran coas seguintes condicións:

  • Ser de nova creación ou, se non, non superar os cinco anos desde a inscrición no Rexistro Mercantil (sete anos para empresas en sectores estratéxicos).
  • Non ser resultado de fusións ou escisións de empresas non emerxentes.
  • Non ter distribuído dividendos.
  • Non cotizar nun mercado regulado.
  • Ter sede ou establecemento permanente en España.
  • Ter ao menos o 60% do persoal contratado en España.
  • Desenvolver un proxecto de emprendemento innovador cun modelo de negocio escalable.

Requisitos adicionais:

Para acreditar a condición de startups fai falta UNHA dás seguintes condicións:

  • Certificación de ENISA.
  • Acreditación como iniciativa de emprego de base tecnolóxica (EIBT) da Xunta de Galicia.
  • Participación en procesos de aceleración con apoio público da Xunta.
  • Acreditación como Spin-off de universidades ou centros tecnolóxicos.
  • Inscrición no Rexistro de Pymes Innovadoras.
  • Certificación como peme innovadora ou xove empresa innovadora.
  • Marca EIBT de empresa innovadora.

Exclusións:

Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias as empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada lei.

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES E CONDICIÓNS

Consideraranse subvencionables aqueles gastos ou investimentos realizados desde o 1 de xaneiro de 2025 ata a data de solicitude de axuda, sempre que estean vinculados á actividade da startup en Galicia e alcancen un importe mínimo subvencionable de 10.000 €:

  • Desenvolvemento de produtos ou servizos innovadores
  • Gastos relacionados coa fabricación e validación de prototipos.
  • Gastos de marketing e comercialización
  • Investimentos de maquinaria, equipos e tecnoloxía necesaria para a operación do negocio.
  • Formación e capacitación
  • Consultoría e asesoramento
  • Custos relacionados co funcionamento diario da startup, dentro de certos límites establecidos.

Os investimentos deberán cumprir as seguintes condicións: 

  • Os activos fixos, tanto materiais como inmateriais, deben ser novos, adquiridos en propiedade e a terceiros e deben manterse polo menos 2 anos desde a concesión da axuda.
  •  Os gastos e investimentos subvencionables non poden superar o valor de mercado.
  • Os provedores non poden estar vinculados coa persoa solicitante.

Non se subvencionarán impostos, intereses, gastos financeiros nin taxas.

CONTÍA DAS AXUDAS

A axuda será do 100 % dos gastos e investimento subvencionables (investimento mínimo de 10.000 €), cun máximo de 20.000 € por empresa. 

OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS

  • Deben manter a actividade e os investimentos subvencionados durante polo menos 2 anos dende a concesión da axuda.
  • Deben someterse ás actuacións de comprobación do Igape e outros órganos de control, mantendo libros contables e documentación que apoie os gastos e investimentos subvencionables durante un período mínimo de 4 anos.
  • En caso de incumprimento das condicións de concesión, deberán reintegrar total ou parcialmente os fondos recibidos.

PRAZO SUSPENDIDO

Por incidencias técnicas da nova plataforma tecnolóxica do IGAPE, queda anulado o prazo de presentación. Mantémonos pendentes dos novos prazos no DOG.

INCOMPATIBILIDADES

As axudas para startups son incompatibles con outras subvencións públicas para os mesmos gastos e investimentos. 

Ao estar suxeitas ao réxime de minimis, non se poderá superar o límite de 300.000 euros nos tres anos previos á concesión da axuda. Para empresas do sector da pesca, o limite é 40.000 euros, e para as do sector agrícola 20.000 euros nese mesmo período.

Teñen que informar ao Igape sobre a solicitude e/o obtención doutras subvencións que financien os mesmos investimentos, así como calquera cambio nas circunstancias que xustificaron a concesión.

MÁIS INFORMACIÓN

Consulta a RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2024 pola que se da publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a startups para o ano 2025 e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408G).

CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: IG408G

Infografía

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *