O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) convoca estas subvencións que teñen por obxecto dinamizar a posta en marcha de proxectos de investimento empresarial en Galicia e a innovación a través do desenvolvemento e a mellora das empresas existentes, e coa creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais.
Dentro desta orde inclúense dúas tipoloxías de proxecto ou liñas:
- Liña 1. Proxectos de investimento empresarial xeral.
- Liña 2. Proxectos de investimento e equipamento produtivo.
BENEFICIARIOS
- Pequenas e medianas (pemes) que teña previsto levar a cabo un investimento por un importe igual ou superior a 50.000 € na liña 1 ou 25.000 € no caso da liña 2 e non superior a 800.000 euros, co fin de crear u novo establecemento ou ampliar un establecemento existente.
- Tamén as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens e agrupacións de persoas sen personalidade xurídica, sempre que poidan levar a cabo os proxectos propostos.
Requisitos adicionais:
- Empresas que realizan investimentos en centros situados en Galicia.
- Non estar en situación de crise nin suxeito a unha orde de recuperación da axuda.
- Cumprir os prazos de pagamento a provedores establecidos pola normativa para combater a morosidade.
Quedan excluídas destas axudas:
- Empresas en sectores como a produción agraria primaria, a pesca, a produción de enerxía, o tabaco, entre outros.
- Empresas que iniciaran os proxectos de investimento antes de presentar a solicitude.
INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES
Liña 1: Proxectos xerais de investimento empresarial.
- Obra civís e adquisicións inmobiliarias: construción, reforma, rehabilitación ou compra de inmobles novos ou usados (sen subvencións previas).
- Bens de equipo: maquinaria, instalacións específicas, ferramentas, transporte interior, vehículos especiais.
- Inmobilizado: mobiliario, material informático.
- Software: directamente vinculado ao proceso de produción, que cumpra os requisitos fixados na orde.
- Compra de activos pertencentes a unha empresa ou establecemento que pechou ou pecharía no caso de non terse adquirido…
Nota: os proxectos non poderán consistir exclusivamente en obra civil ou compra de inmoble; deberá incluír imprescindiblemente investimentos nalgún dos outros conceptos subvencionables relacionados.
Liña 2: Proxectos de investimento en equipamento produtivo.
- Bens de equipo: maquinaria, ferramentas, instalacións, transporte interno, vehículos especiais, protección ambiental.
- Liñas de produción completas: só se os compoñentes non funcionan de forma independente (xustificado tecnicamente).
Non serán investimentos subvencionables nin na liña 1 nin na liña 2:
- Substitución de equipos sen mellora tecnolóxica.
- Custos de traslado de activos existentes.
- Compra de inmobles alugados con anterioridade.
- Bens de luxo ou investimentos desproporcionados.
CONTÍA MÍNIMA DOS INVESTIMENTOS
O investimento mínimo necesario para poder ser beneficiario será de:
- 50.000 € para proxectos xerais de investimento empresarial.
- 25.000 € para proxectos de equipamento produtivo.
Límite máximo:
- O investimento subvencionable non debe superar os 800.000 €.
As pemes deberán achegar polo menos o 25% dos custos subvencionables con recursos propios ou financiamento externo non sostido publicamente.
Os bens adquiridos deben ser novos (salvo excepcións como a compra de inmobles usados) e estar vinculados ao proxecto.
CONTÍA DAS AXUDAS
Subvencionarase o 35% do proxecto de investimento no caso de pequenas empresas e o 25% no caso de medianas empresas., polo que o importe de axuda será de:
- Entre 8.750 € e 280.000 € para pequenas empresas.
- Entre 6.250 € e 200.000 € para medianas empresas.
PRAZO SUSPENDIDO
Por incidencias técnicas da nova plataforma tecnolóxica do IGAPE, queda anulado o prazo de presentación. Mantémonos pendentes dos novos prazos no DOG.
MÁIS INFORMACIÓN
CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: IG408A
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír á información proporcionada nos documentos oficiais.