SOCIEDADES LIMITADAS (S.L.)

As Sociedades de Responsabilidade Limitada son unha das formas xurídicas máis utilizadas por emprendedores e pequenas empresas en España. Caracterízanse pola súa flexibilidade e pola limitación da responsabilidade dos socios, o que as fai ideais para proxectos empresariais de tamaño medio ou reducido. Coñece máis en profundidade qué é unha S.L., as súas principais vantaxes, as clases que existen e os seus trámites de constitución.

QUE É UNHA S.L.?

Unha Sociedade Limitada (máis coñecida polas súas siglas S.L.) é unha sociedade mercantil na que o capital está dividido en participacións sociais, e os socios non responden co seu patrimonio persoal polas débedas da empresa, senón unicamente polo capital achegado. É dicir, a responsabilidade está limitada á súa achega. Esta forma societaria está regulada pola Lei de Sociedades de Capital.

Nº de sociosResponsabilidadCapitalFiscalidad
Mínimo 1Limitada al capital aportadoMínimo 1 €Impuesto sobre Sociedades

VANTAXES

As S.L. contan coas seguintes vantaxes:

  1. Responsabilidade limitada: Os socios só perden o capital investido, non o seu patrimonio persoal.
  2. Capital social reducido: Pódese constituír cun capital mínimo de 1 euro, aínda que se recomenda un mínimo de 3.000 € para garantir solvencia inicial.
  3. Fiscalidade clara: Tributa polo Imposto de Sociedades, xeralmente cun tipo fixo (a miúdo máis vantaxoso que o IRPF).
  4. Posibilidade de varios socios: Pódese constituír por unha ou varias persoas, físicas ou xurídicas.
  5. Maior credibilidade: Fronte a autónomos, unha S.L. adoita ofrecer máis confianza a provedores, clientes e entidades financeiras.

TIPOS/CLASES

Existen varios tipos de S.L. a maiores:

  • S.L. Unipersoal (SLU): Só ten un socio, que pode ser persoa física ou xurídica. 
  • S.L. Laboral (SLL): Os traballadores deben posuír polo menos o 51% do capital social.
  • S.L. Profesional (SLP): Para exercer actividades profesionais que requiren titulación (avogados, arquitectos, etc.).

TRÁMITES DE CONSTITUCIÓN

Necesitas ter os seguintes documentos:

  1. Certificación negativa do nome: Solicitar no Rexistro Mercantil Central para asegurarse de que o nome escollido non está rexistrado.
  2. Depósito do capital social: Ingreso do capital mínimo (mínimo 1 €, recomendados 3.000 €) nunha conta bancaria a nome da futura sociedade.
  3. Escritura pública de constitución: Asinada ante notario, inclúe estatutos sociais e datos dos socios.
  4. Inscrición no Rexistro Mercantil: Para que a sociedade teña personalidade xurídica plena.
  5. Solicitude do NIF provisional e definitivo: Na Axencia Tributaria.
  6. Alta en obrigas fiscais (IAE, IVA, etc.): Segundo a actividade da empresa.
  7. Comunicación da apertura do centro de traballo: Ante a Consellería de Emprego, se hai empregados.
  8. Inscrición na Seguridade Social: Como empresa e, no seu caso, dos traballadores.

CONSTITUCIÓN RÁPIDA A TRAVÉS DOS PAE

No caso das Sociedades de Responsabilidade Limitada, existe a posibilidade de realizar a súa constitución de forma rápida e telemática a través dos Puntos de Atención ao Emprededor (PAE). Estes puntos ofrecen servizos gratuítos de información, asesoramento e tramitación administrativa para axilizar o proceso de creación da empresa.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *