SOCIEDADE LIMITADA LABORAL (S.L.L.)

A Sociedade Limitada Laboral (S.L.L. ou S.R.L.L.) é unha fórmula empresarial que combina as características dunha sociedade limitada coa participación maioritaria dos traballadores no capital social. É unha opción interesante para aqueles que buscan un proxecto colectivo cunha estrutura flexible e beneficios fiscais.

QUE É UNHA SOCIEDADE LIMITADA LABORAL?

Nº de sociosResponsabilidadeCapitalFiscalidade
Mínimo 2Limitada3.000 €Imposto de Sociedades

Requisitos nas S.L.L.:

  • O número de socios é mínimo de 2 no momento da constitución da sociedade, pero aos 36 meses deben ser mínimo 3.
  • Ningún socio pode ter máis dun terzo do capital, salvo entidades públicas ou sen ánimo de lucro (máximo 49%).
  • A maioría do capital social debe pertencer a traballadores con contrato indefinido.
  • O traballo de empregados indefinidos non socios non pode superar o 49% do total de horas dos socios traballadores.
  • Obrigación de constituír un Fondo de Reserva especial (10% do beneficio líquido anual ata superar 2 veces o capital social).
  • Débense levar libros contables, de actas e un rexistro de socios.

VANTAXES

As S.L.L. contan coas seguintes vantaxes:

  • Participación maioritaria dos traballadores na empresa.
  • Responsabilidade limitada.
  • Flexibilidade na entrada e saída de socios.
  • Beneficios fiscais para empresas de economía social.
  • Maior estabilidade laboral para os socios traballadores.

TRÁMITES DE CONSTITUCIÓN

Necesitas ter os seguintes documentos:

  1. Certificación negativa do nome no Rexistro Mercantil Central.
  2. Depósito do capital social nunha conta bancaria.
  3. Redacción dos Estatutos Sociais adaptados á normativa laboral.
  4. Escritura pública ante notario.
  5. Para inscribirse como “laboral” precisa certificado do Ministerio de Traballo (ou CCAA) e a inscrición no Rexistro de Sociedades Laborais.
  6. Alta no Censo de Empresarios (Hacienda) e na Seguridade Social.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *