QUE É UNHA ESPX?
Unha Entidade Sen Personalidade Xurídica (ESPX) é unha forma especial de asociarse na que se poñen en conxunto unha serie de recursos económicos e non económicos para acadar unha serie de obxectivos, sen necesidade de constituír unhas sociedade. É unha forma de constituírse especialmente axeitada para dúas ou máis persoas que queiran comezar cun pequenos negocio.
Este tipos de entidades caracterízanse polo papel que xogan os seus socios:
- Socios Traballadores: Son aqueles que achegan o seu traballo ao proxecto.
- Socios Capitalistas: Os que achegan unicamente fondos económicos para o proxecto.
VANTAXES
- Forma de tributar: este tipo de sociedades tributa polo IRPF, é dicir, en función dos ingresos e gastos. Polo que para unha sociedade cun volume de ingresos inferior a 40.000€ supón unha vantaxe.
- Acceso ás axudas para autónomos: as persoas socias traballadoras poden acceder ás axudas que existen para este colectivo.
- Non se precisa un capital mínimo para constituírse.
- Flexibilidade: Unha entidade sen personalidade xurídica pode ser o paso previo para constituír unha sociedade mercantil, pola simplicidade dos seus trámites.
- Os custes de xestión e constitución son inferiores aos dunha sociedade mercantil.
TIPOS/CLASES DE ESPX
Entre as entidades sen personalidade xurídica destacamos as seguintes:
- Comunidade de Bens: É un tipo de sociedade onde dous ou máis autónomos se unen para explotar un ben o un conxunto de bens.
- Sociedade Civil: É un tipo de sociedade onde os socios aportan diñeiro, maquinaria, instalación ou traballo co obxectivo de repartir os beneficios obtidos entre eles. Deberá tributar polo Imposto de Sociedades cando a entidade teña unha finalidade económica.
Responsabilidade | Fiscalidade | P. Xurídica | |
Com.Bens | Ilimitada | IRPF | NON |
S.Civil | Limitada* Inscríbese no Rexistro Mercantil* | I.Sociedades ”Se ten p. xurídica” | Pode ter personalidade xurídica se se inscribe no Rexistro Mercantil. |
Ambas sociedades deberán presentar o Imposto de Valor Engadido (IVE) e a contabilidade das entidades.
TRÁMITES DE CONSTITUCIÓN
- Redactar un contrato onde aparezan o número de socios, o capital achegado por cada un, a responsabilidade, o domicilio da entidade, o obxecto da actividade, a duración da sociedade… .
- Darse de alta o/s socio/s traballador/es como autónomo, presentando o modelo 036 ou o modelo 037.
- Solicitar un NIF na AEAT tanto para a comunidade de bens como para a sociedade civil, presentando a escritura de constitución e o modelo 036.
- Alta no censo de empresarios, profesionais e retenedores: Presentar o modelo 036/037 na Axencia Tributaria.
- Inscrición na Seguridade Social: No caso de contratar traballadores.
- Obtención de licencias e permisos.