APTITUDES E ACTITUDES PARA O BO EMPRENDEMENTO

Debemos insistir nun aspecto fundamental: o emprendedor faise, adéstrase, busca a súa mellora continua, aprende dos seus erros. Analízate a ti mesm@, recoñece as túas fortalezas e debilidades e esfórzate en corrixir estas últimas.

O emprendedorempresario é unha persoa caracterizada por dous aspectos: a súa capacidade para asumir riscos e a súa obsesión pola creación de valor.

O perfil do emprendedor é unha combinación de características persoais (imaxinación, intuición, optimismo…) coñecementos, claridade de ideas e visión de futuro.

O perfil de persoa emprendedora non é innato. Practicamente todo se pode aprender.

A tarefa de emprender baséase en tres piares: querer, saber e poder. O primeiro deles é o máis importante. A actitude é a base.

Coñécete a ti mesmo, valora as túas capacidades e debilidades. Só deste xeito poderás formar a túa capacidade emprendedora. 

Emprender é arriscar, pero sabendo até onde podes chegar. Recoñece os teus límites. Prepárate tanto para o éxito como para afrontar un posíbel fracaso.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *