A Unión de Cooperativas EspazoCoop, en colaboración coa Rede Eusumo e o Programa EFESO do FSE+, impartirá de forma gratuíta e telemática o curso de “Formación comercial: coopera, comunica e vende”.
Nesta actividade trataranse os seguintes puntos:
- Capacitación e mellora nas habilidades de xestión comercial das cooperativas.
- Análise e coñecemento sobre a situación dos procedementos e sistemas de comercialización das cooperativas participantes na formación.
- Coñecemento sobre recursos e ferramentas útiles que permitan melloras nos procesos e sistemas de comercialización.
- Facer redes de intercambio, coñecemento mutuo, e colaboración, no eido comercial.
DESTINATARIAS
- Persoas interesadas en emprender en cooperativa.
- Socias e persoal de cooperativas.
- Público interesado en xeral.
É preciso realizar inscrición previa para participar na formación.
PROGRAMA
- Diagnose e concreción de melloras nos procedementos e sistemas de comercialización das cooperativas.
- A proposta de valor: preguntas chave.
- Deseño de estratexias comerciais de alto impacto perante os novos consumidores.
- Divulgación e posta en práctica de habilidades e ferramentas operativas para a mellora dos procesos e estratexias de comercialización das cooperativas.
- Habilidades e estratexias de comunicación chave. Técnicas e procesos de negociación.
Cunha metodoloxía activa e participativa que favoreza o traballo en equipo e coñecer experiencias e boas prácticas.
MODALIDADE E DURACIÓN
Teleformación impartida nun total de 25 horas.
DATA E HORARIO
Do 11 ao 27 de setembro de 2024.
Haberá 2 sesións virtuais en horario de mañá a través da Aula Virtual de EspazoCoop.
MÁIS INFORMACIÓN
Para inscribirse é necesario cumprimentar este formulario de inscrición á formación.
Para obter máis información sobre esta actividade, podes visitar a páxina web de EspazoCoop ou contactar a través de:
- Teléfono: 697 87 77 73
- E-mail: patane@espazo.coop