AXUDAS A PATENTES E MODELOS DE UTILIDADE 2025

Tes unha idea innovadora, un produto novo ou unha forma único de facer algo? Pois agora a Oficina Española de Patentes e Marcas ofrece subvencións para apoiar a protección da túa invención, tanto en España como no estranxeiro. Xa sexas emprendedor, peme ou unha gran empresa… non deixes de protexer as túas ideas e produtos: innova, solicita e patenta!

A través desta convocatoria, concédense subvencións para fomentar a protección da innovación mediante solicitudes de patentes e modelos de utilidade, tanto a nivel nacional como internacional. A finalidade é apoiar ás empresas e inventores na protección das súas invencións, reducindo os custos asociados aos procedementos de solicitude.

Esta convocatoria inclúe dous programas: 

a) Programa de subvencións para o fomento de solicitudes de patentes e modelos de utilidade no exterior. Dirixido a estimular a protección internacional da tecnoloxía a través das patentes ou modelos de utilidade. O obxectivo deste programa é mellorar a competitividade das empresas que queiran ampliar mercado fóra de España, especialmente as PEMEs e persoas físicas.

b) Programa de subvencións para o fomento de solicitudes de patentes e modelos de utilidade españois para as PEMEs e as persoas físicas. Dirixido a estimular a protección nacional da tecnoloxía a través de patentes ou modelos de utilidade co fin de mellorar a competitividade das PEMEs  e das persoas físicas.

Beneficiarios

Programa nacional:  

  • Persoas físicas
  • Pequenas e medianas empresas (PEME) con domicilio fiscal en España.

Programa internacional:

  • Persoas físicas.
  • PEME.
  • Grandes empresas do sector privado.
  • Institucións privadas sen ánimo de lucro sen dependencia ou vinculación ao sector público.

Todos os beneficiarios deben ter domicilio fiscal en España.

Requisitos adicionais:

  • Estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
  • As actuacións deberán estar realizadas nos períodos fixados en cada convocatoria anual.

Exclusións:

  • Entidades públicas e institucións vinculadas ao sector público.
  • Solicitudes de invencións xa subvencionadas anteriormente por este mesmo programa.

Actividades subvencionables

Programa nacional:

  • Taxas por solicitudes de patentes e modelos de utilidade.
  • Taxas por informes sobre o estado da técnica (IET).
  • Taxas por solicitudes de exame substantivo.

Programa internacional:

  • Custos de solicitude de patentes e modelos de utilidade en oficinas estranxeiras.
  • Custos de tramitación de solicitudes vía PCT.
  • Custos de validación de patentes europeas.
  • Gastos de tradución e representación legal en oficinas estranxeiras.

Contía de axuda

Programa nacional:

  • Ata o 90% do custo subvencionable para PEME e persoas físicas.

Programa internacional:

  • Ata o 80% para grandes empresas.
  • Ata o 90% para PEME e persoas físicas.

O orzamento total desta convocatoria é de 5.300.000,00 €.

Prazo de solicitudes

Ata o 16 de maio de 2025.

Máis información

Consulta a RESOLUCIÓN DE LA DIRECCIÓN DE LA OFICINA ESPAÑOLA DE PATENTES Y MARCAS, O.A., POR LA QUE SE CONVOCA LA CONCESIÓN DE SUBVENCIONES EN RÉGIMEN DE CONCURRENCIA COMPETITIVA PARA EL FOMENTO DE LAS SOLICITUDES DE PATENTES Y MODELOS DE UTILIDAD ESPAÑOLES Y EN EL EXTERIOR PARA EL AÑO 2025. 

e a RESOLUCIÓN DE LA DIRECCIÓN DE LA OFICINA ESPAÑOLA DE PATENTES Y MARCAS, O.A., POR LA QUE SE AMPLÍA EL PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE SUBVENCIONES EN RÉGIMEN DE CONCURRENCIA COMPETITIVA PARA EL FOMENTO DE LAS SOLICITUDES DE PATENTES Y MODELOS DE UTILIDAD ESPAÑOLES Y EN EL EXTERIOR PARA EL AÑO 2025.

Acceder ao procedemento de tramitación a través de este enlace.

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Este resumo ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *