O próximo 13 de marzo, Vigo será o escenario dun evento fundamental para o futuro da intelixencia artificial no ámbito empresarial.
O foro «A IA, o teu socio estratéxico», organizado por IA Nexus Business co apoio da Zona Franca de Vigo, o Concello de Vigo e a Xunta de Galicia, reunirá a expertos, profesionais e empresas na Sede di Consorcio da Zona Franca de Vigo (entrada pola rúa O Porto 1).
O evento desenvolverase de 9:30 h a 14:00 h e abordará o impacto da IA na transformación dixital, a competitividade e a estratexia empresarial. Cun aforo limitado e acceso gratuíto, os interesados deberán solicitar invitación a través da páxina web.
A iniciativa tamén conta co respaldo doutras institucións como o Goberno de España, o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) e a Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA).
Este foro representa unha oportunidade única para coñecer as últimas tendencias en IA e o seu papel como ferramenta estratéxica no crecemento empresarial.
Mais información: PROGRAMA