O IGAPE lanza esta convocatoria co fin de fomentar a actividade das startups galegas ou cun centro de traballo en Galicia, subvencionando os gastos e investimentos en que incorran desde o 1 de xaneiro de 2025 ata a data da solicitude de axuda.
BENEFICIARIOS
Poden optar as startups que cumpran coas seguintes condicións:
- Ser de nova creación ou, se non, non superar os cinco anos desde a inscrición no Rexistro Mercantil (sete anos para empresas en sectores estratéxicos).
- Non ser resultado de fusións ou escisións de empresas non emerxentes.
- Non ter distribuído dividendos.
- Non cotizar nun mercado regulado.
- Ter sede ou establecemento permanente en España.
- Ter ao menos o 60% do persoal contratado en España.
- Desenvolver un proxecto de emprendemento innovador cun modelo de negocio escalable.
Requisitos adicionais:
Para acreditar a condición de startups fai falta UNHA dás seguintes condicións:
- Certificación de ENISA.
- Acreditación como iniciativa de emprego de base tecnolóxica (EIBT) da Xunta de Galicia.
- Participación en procesos de aceleración con apoio público da Xunta.
- Acreditación como Spin-off de universidades ou centros tecnolóxicos.
- Inscrición no Rexistro de Pymes Innovadoras.
- Certificación como peme innovadora ou xove empresa innovadora.
- Marca EIBT de empresa innovadora.
Exclusións:
Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias as empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada lei.
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES E CONDICIÓNS
Consideraranse subvencionables aqueles gastos ou investimentos realizados desde o 1 de xaneiro de 2025 ata a data de solicitude de axuda, sempre que estean vinculados á actividade da startup en Galicia e alcancen un importe mínimo subvencionable de 10.000 €:
- Desenvolvemento de produtos ou servizos innovadores
- Gastos relacionados coa fabricación e validación de prototipos.
- Gastos de marketing e comercialización
- Investimentos de maquinaria, equipos e tecnoloxía necesaria para a operación do negocio.
- Formación e capacitación
- Consultoría e asesoramento
- Custos relacionados co funcionamento diario da startup, dentro de certos límites establecidos.
Os investimentos deberán cumprir as seguintes condicións:
- Os activos fixos, tanto materiais como inmateriais, deben ser novos, adquiridos en propiedade e a terceiros e deben manterse polo menos 2 anos desde a concesión da axuda.
- Os gastos e investimentos subvencionables non poden superar o valor de mercado.
- Os provedores non poden estar vinculados coa persoa solicitante.
Non se subvencionarán impostos, intereses, gastos financeiros nin taxas.
CONTÍA DAS AXUDAS
A axuda será do 100 % dos gastos e investimento subvencionables (investimento mínimo de 10.000 €), cun máximo de 20.000 € por empresa.
OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS
- Deben manter a actividade e os investimentos subvencionados durante polo menos 2 anos dende a concesión da axuda.
- Deben someterse ás actuacións de comprobación do Igape e outros órganos de control, mantendo libros contables e documentación que apoie os gastos e investimentos subvencionables durante un período mínimo de 4 anos.
- En caso de incumprimento das condicións de concesión, deberán reintegrar total ou parcialmente os fondos recibidos.
PRAZO SUSPENDIDO
Por incidencias técnicas da nova plataforma tecnolóxica do IGAPE, queda anulado o prazo de presentación. Mantémonos pendentes dos novos prazos no DOG.
INCOMPATIBILIDADES
As axudas para startups son incompatibles con outras subvencións públicas para os mesmos gastos e investimentos.
Ao estar suxeitas ao réxime de minimis, non se poderá superar o límite de 300.000 euros nos tres anos previos á concesión da axuda. Para empresas do sector da pesca, o limite é 40.000 euros, e para as do sector agrícola 20.000 euros nese mesmo período.
Teñen que informar ao Igape sobre a solicitude e/o obtención doutras subvencións que financien os mesmos investimentos, así como calquera cambio nas circunstancias que xustificaron a concesión.
MÁIS INFORMACIÓN
CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: IG408G
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.