Esta convocatoria establece a concesión directa de axudas dirixidas a mellorar a competitividade das empresas, promovendo a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico nas pequenas e medianas empresas (PEME) galegas, especialmente nos sectores tradicionais pouco intensivos en innovación. Para este fin, incentivarase a colaboración activa entre as pemes, os centros tecnolóxicos e as empresa espcializadas na prestación de servizos de apoio á innovación empresarial.
BENEFICIARIOS
Pequenas e medianas empresas galegas, con especial atención (prioridade) ás que non son tecnolóxicas e pertencen a sectores tradicionais.
Requisitos adicionais:
- Ser considerada peme segundo a normativa da UE.
- Ter domicilio social ou polo menos un centro de traballo en Galicia.
- Cumprir coas obrigas tributarias e laborais
- Non prestar servizos similares
- Non estar suxeito a ningunha orde de recuperación de axudas previas da Comisión Europea.
- Cumprir a lexislación sobre pagamentos a provedores
- Non superar o límite de axuda de minimis
- Presentar en tempo e forma a documentación requirida
- En canto á xustificación dos gastos, garantir que todos os gastos sexan válidos e xustificados adecuadamente no prazo establecido.
ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES
Serán subvencionables os gastos de contratación de servizos externos especializados de xestión e implantación da innovación e desenvolvemento tecnolóxico realizados desde o 1 de xaneiro de 2025 ata a data de solicitude da axuda. Os servizos deberán ser prestados por empresas de consultoría especializadas e centros tecnolóxicos galegos
En ningún caso os gastos subvencionables poderán ser superiores ao valor de mercado.
Existen 6 modalidades de tíckets Innova:
- Estratexia e xestión da innovación.
- Deseño para a innovación.
- Xestión da protección do coñecemento da innovación.
- Certificacións para as deducións fiscais en I+D+i.
- Preparación de propostas a programas e axudas europeas.
- Deseño de novos procesos ou servizos baseados en tecnoloxías dixitais emerxentes.
Gastos excluídos:
Non se subvencionan as actuacións ou actividades habituais da empresa nin a modificación ou adaptación de procesos produtivos, produtos ou servizos existentes que non supoñan unha innovación. En particular, exclúense expresamente as actividades destinadas:
- Ao cumprimento de normativa obrigatoria.
- Ás análises, ensaios ou caracterizacións habituais ou recorrentes non vinculados ao proxecto subvencionable.
- Á fabricación ou produción de prototipos.
- Á implantación de certificados de calidade, ambiente, boas prácticas ou similares.
- Á análise, ensaios ou caracterizacións habituais ou recorrentes.
- A calquera tipo de acción formativa.
- A accións de implantación de solucións dixitais na empresa que non supoñan innovacións en servizos, procesos e organización como melloras de aplicacións ou software xa existente ou a súa adaptación, os desenvolvementos ofimáticos e ferramentas de oficina virtual, financeiros ou contables, e calquera outra aplicación asimilable ás anteditas.
- A servizos de telecomunicacións ou de almacenamento ou hospedaxe da información.
- A arrendamento de equipos (hardware), redes ou sistemas físicos de tecnoloxías.
CONTÍAS DE AXUDA
O nivel mínimo de investimento que debe realizar a peme para optar á axuda é de 10.000 €, sendo o máximo de 60.000 €. Sobre este importe, a porcentaxe de axuda é dun 80 % dos gastos subvencionables, cun máximo de 48.000 euros por proxecto.
PRAZO SUSPENDIDO
Por incidencias técnicas da nova plataforma tecnolóxica do IGAPE, queda anulado o prazo de presentación. Mantémonos pendentes dos novos prazos no DOG.
MÁIS INFORMACIÓN
Acceder ao procedemento de tramitación:
CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: IG408K
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.