ENTIDADES SEN PERSONALIDADE XURÍDICA (ESPX)

Estás barallando diferentes formas xurídicas para adoptar na túa empresa? Neste artigo, exploraremos as características, vantaxes e outros aspectos das entidades sen personalidade xurídica para que teñas en conta todas as opcións.

QUE É UNHA ESPX?

Unha Entidade Sen Personalidade Xurídica (ESPX) é unha forma especial de asociarse na que se poñen en conxunto unha serie de recursos económicos e non económicos para acadar unha serie de obxectivos, sen necesidade de constituír unhas sociedade. É unha forma de constituírse especialmente axeitada para dúas ou máis persoas que queiran comezar cun pequenos negocio.

Este tipos de entidades caracterízanse polo papel que xogan os seus socios:

  • Socios Traballadores: Son aqueles que achegan o seu traballo ao proxecto.
  • Socios Capitalistas: Os que achegan unicamente fondos económicos para o proxecto.

VANTAXES

  • Forma de tributar: este tipo de sociedades tributa polo IRPF, é dicir, en función dos ingresos e gastos. Polo que para unha sociedade cun volume de ingresos inferior a 40.000€ supón unha vantaxe.
  • Acceso ás axudas para autónomos: as persoas socias traballadoras poden acceder ás axudas que existen para este colectivo.
  • Non se precisa un capital mínimo para constituírse.
  • Flexibilidade: Unha entidade sen personalidade xurídica pode ser o paso previo para constituír unha sociedade mercantil, pola simplicidade dos seus trámites.
  • Os custes de xestión e constitución son inferiores aos dunha sociedade mercantil.

TIPOS/CLASES DE ESPX

Entre as entidades sen personalidade xurídica destacamos as seguintes:

  1. Comunidade de Bens: É un tipo de sociedade onde dous ou máis autónomos se unen para explotar un ben o un conxunto de bens.
  2. Sociedade Civil: É un tipo de sociedade onde os socios aportan diñeiro, maquinaria, instalación ou traballo co obxectivo de repartir os beneficios obtidos entre eles. Deberá tributar polo Imposto de Sociedades cando a entidade teña unha finalidade económica.
 ResponsabilidadeFiscalidadeP. Xurídica
Com.BensIlimitadaIRPFNON
S.CivilLimitada* Inscríbese no Rexistro Mercantil*I.Sociedades Se ten p. xurídica”Pode ter personalidade xurídica se se inscribe no Rexistro Mercantil.

Ambas sociedades deberán presentar o Imposto de Valor Engadido (IVE) e a contabilidade das entidades.

TRÁMITES DE CONSTITUCIÓN

  1. Redactar un contrato onde aparezan o número de socios, o capital achegado por cada un, a responsabilidade, o domicilio da entidade, o obxecto da actividade, a duración da sociedade… .
  2. Darse de alta o/s socio/s traballador/es como autónomo, presentando o modelo 036 ou o modelo 037.
  3. Solicitar un NIF na AEAT tanto para a comunidade de bens como para a sociedade civil, presentando a escritura de constitución e o modelo 036.
  4. Alta no censo de empresarios, profesionais e retenedores: Presentar o modelo 036/037 na Axencia Tributaria.
  5. Inscrición na Seguridade Social: No caso de contratar traballadores.
  6. Obtención de licencias e permisos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *