HABILIDADES E COMPETENCIAS PARA O TRABALLO EN EQUIPO EN COOPERATIVAS

A través deste curso online poderás descubrir as habilidades e competencias para o traballo en equipo e como aplicalas nunha contorna cooperativa no medio rural.

O Programa coopera rural: Fortalecendo o tecido cooperativo no rural ofrece formación gratuita co apoio da REDE EUSUMO e do Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social para fomentar o modelo cooperativo no medio rural.

Cunha metodoloxía activa e participativa, cada curso terá dúas sesións virtuais de aprendizaxe que complementan os materiais do curso, utilizando medios audiovisuais para enriquecer as exposicións e organizando traballo en grupo pequeno, entre outras prácticas, para potenciar o emprendemento a través da fórmula do autoemprego cooperativo.

QUEN PODE PARTICIPAR?

  • Persoas interesadas no emprendemento cooperativo, tanto desempregadas como en activo, vinculadas co mundo rural.

OBXECTIVOS

  • Achegar recursos e medidas de apoio existentes que favorecen o emprendemento cooperativo.
  • Desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo.
  • Descubrir e aplicar as habilidades nun contorno cooperativo.

PROGRAMA DO CURSO

O curso terá unha duración de 25 horas e desenvolverase na Aula Virtual de EspazoCoop e divídese nos seguintes módulos:

  • A comunicación
  • O traballo en equipo
  • A toma de decisións
  • O liderado nas cooperativas

Para inscribirte no curso deberás completar os datos deste formulario.

DATA DO EVENTO

Dende o 19 de xuño ata o 7 de xullo de 2024.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis infomación a cerca do programa visita as webs: Eusumo e EspazoCoop ou contacta a través de patane@espazo.coop ou 881 887 456.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *