AUTÓNOMOS COLABORADORES

Queres saber que é un autónomo colaborador? Explicámosche as principais características para que sepas se podes, ou non, sacar proveito deste réxime.

QUE É UN AUTÓNOMO COLABORADOR?

Un autónomo colaborador é un familiar directo do autónomo titular para o que traballa. A Seguridade Social indica cales son os requisitos para cotizar como autónomo colaborador:

  • Ser Familiar directo do titular de ata segundo grao por consanguinidade, afinidade ou adopción.
  • Traballar de forma habitual, non se valora unha colaboración puntual.
  • Ter unha idade mínima de 16 anos.
  • Debe compartir vivenda co titular do negocio ou depender económicamente del.
  • Que non estivera dado de alta como autónomos nos últimos 5 anos.

BONIFICACIÓNS

Os autónomos colaboradores cotizarán ao 50 % na cota de autónomos durante os 18 meses posteriores ao alta, os seguintes 6 meses cotizarán ao 25 %.

A principal vantaxe de ser autónomo colaborador é que, ao non figurar como obrigado tributario en Facenda, está exento das obrigacións fiscais trimestrais.

Desta forma, non é necesario presentar declaracións nin impostos trimestrais de IVE (modelo 303) e IRPF (modelo 130), que son obrigación do autónomo titular do negocio.

Así, o autónomo colaborador só terá que presentar anualmente a súa declaración de IRPF, como calquera traballador, e pagar os impostos que lle correspondan en base aos ingresos obtidos, que deberán estar xustificados polos correspondentes recibos ou nóminas.

OBRIGAS DO AUTÓNOMO TITULAR

  • Pagar o seu salario en función da categoría profesional e do convenio.
  • Pagar de forma subsidiaria as cotizacións á Seguridade Social do autónomo colaborador.
  • Contabilizar estas partidas (salario e cotizacións) como gastos deducibles do seu negocio.

COMO DARSE DE ALTA COMO AUTÓNOMO COLABORADOR?

Na Seguridade Social presentando o modelo TA 0521/2, ademais haberá que presentar a seguinte documentación complementaria:

  • Libro de familia
  • DNI
  • Unha copia de alta en facenda do titular do negocio.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *