AXUDAS KIT DIXITAL PARA PERSOAS AUTÓNOMAS E EMPRESAS DE MENOS DE 3 EMPREGAD@S

Convócanse as axudas destinadas á dixitalización de empresas do Segmento III (empresas entre 0 e menos de 3 empregados) por parte do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital. No Segmento III o prazo de presentación de solicitudes comenza o 20 de octubre de 2022 ás 11 horas.

O Bono kit dixital é un programa do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital dirixido a pemes e autónomos para acompañalos no seu proceso de transformación dixital  para que grazas á tecnoloxía poidan evolucionar e mellorar no seu negocio.

Actualmente pode solicitar axudas ó Segmento I e  ó Segmento II. 

Acabase de publicar a terceira convocatoria de axudas destinadas á dixitalización de pequenas empresas entre 0 e menos de 3 empregados  e persoas en situación de autoemprego (segmento III).

No segmento III o prazo de presentación das solicitudes a través da sede electrónica de Red.es comenza  o 20 de outubro ás 11 horas e manterase aberto durante 12 meses.

O importe máximo da axuda por beneficiario será de dous mil euros (2.000€), ó estar dirixidas únicamente o Segmento III.

O seu obxectivo baséase na concesión de bonos de axudas económicas que permitan acceder a un gran catálogo de solucións dixitais e a axentes dixitalizadores que che ofrecen estes servizos, tendo que escoller aqueles que mellor se adapten a cada empresa: 

  • Sitio web.
  • Comercio electrónico. 
  • Xestión de redes sociais. 
  • Xestión de clientes e /ou provedores. 
  • Intelixencia empresarial e analítica.
  • Servizos e ferramentas de oficinas virtuais. 
  • Xestión de procesos. 
  • Factura electrónica. 
  • Comunicacións seguras.
  • Ciberseguridade online.

Como dato de interese, no Segmento I concedéronse máis de 22.000 axudas e rexistráronse case 70.000 solicitudes. 

Na actualidade o catálogo de axentes dixitalizadores está composto por mais de 9.000 axentes adheridos. O prazo de adhesión continuará aberto durante a duración de todo o programa. 

Podes consultar ademais o catálogo de axentes dixitalizadores e as solucións que xestiona cada un premendo aquí

Beneficiarias 

Segue aberto o prazo para solicitar as solucións dixitais por parte das empresas interesadas para:

  • SEGMENTO I, é decir, aquelas que estean formadas por un número de entre 10 e menos de 50 traballadores.
  • SEGMENTO II, é dicir, aquelas que estean formadas por un número de entre 3 e 10 traballadores. 
  • SEGMENTO III, é decir, aquelas pequenas empresas ou microempresas  entre 0 e menos de 3 empregados e persoas en situación de autoemprego. O importe máximo de axuda por beneficiario será de dous mil euros ( 2.000 €).

Prazo 

O prazo no:

  • Segmento I finaliza o 15 de marzo do 2023 ás 11:00 horas.
  • Segmento II finaliza o  2 de setembro de 2023 ás 11:00 horas.
  • Segmento III a fecha de inicio da presentación das solicitudes é o 20 de octubre ás 11:00 horas e finaliza o 20 de octubre do 2023 ás 11:00 horas.

Mais Información

As empresas do Segmento III poden rexistrarse na área privada e completar o test de diagnóstico dixital.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *