Bono kit digital dirixido a pemes e autónomos coa fin de acompañalos no seu proceso de transformación dixital, para que grazas á tecnoloxía poidan evolucionar e mellorar no seu negocio.
Neste, tamén poden inscribirse aquelas empresas ou negocios que queiran ser prestadoras de servizos como axentes dixitalizadores.
O seu obxectivo baséase na concesión bonos de axudas económicas que permitan acceder a un gran catálogo de solucións dixitais e a axentes dixitalizadores que che ofrecen estes servizos, tendo que escoller aqueles que millor se adpaten a cada empresa:
- Sitio web
- Comercio electrónico
- Xestión de redes sociais
- Xestión de clientes e /ou provedores
- Intelixencia empresarial e analítica
- Servizos e ferramentas de oficinas virtuais
- Xestión de procesos
- Factura electrónica
- Comunicacións seguras
- Ciberseguridade online
REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS:
- Ser unha pequena empresa, microempresa ou autónomo.
- Cumprir os límites financeiros e efectivos que definen as categorías de empresas.
- Estar en situación de alta e ter a antigüidade mínima que se establece por convocatoria.
- Non ter consideración de empresa en crise.
- Estar ao corrente das obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social.
- Non estar suxeita a unha orde de recuperación pendente da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
- Non incorrer en ningunha das prohibicións previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións.
- Non superar o límite de axudas minimis.
COMO SOLICITAR O TEU BONO KIT DIXITAL
- Rexistrarse na área privada (https://acelerapyme.gob.es/registro-pyme) e completar o test de diagnóstico dixital (https://acelerapyme.gob.es/quieres-conocer-el-grado-de-digitalizacion-de-tu-pyme)
- Consulta a información dispoñible das solucións de dixitalización que se atopan á túa disposición polo programa Kit Dixital.
- Proximamente poderás acceder aos trámites para solicitar o bono Kit Dixital.
GASTO SUBVENCIONABLE
O importe máximo a percibir por cada empresa, varía en base ao número de empregados da mesma, quedando clasificados da seguinte forma:
- Segmento I. Pequenas empresas de entre 10 e menos de 50 empregados: 12.000 €
- Segmento II. Pequenas empresas ou Microempresas de entre 3 e menos de 10 empregados: 6.000 €
- Segmento III. Pequenas empresas ou Microempresas de entre 1 e menos de 3 empregados e persoas en situación de autoemprego 2.000 €
Solucións dixitais a elexir: importe máximo en función do segmento correspondente a cada empresa/número máximo de usuarios.
- Sitio web: ata 2.000€
- Comercio electrónico: ata 2.000€
- Xestión de redes sociais: ata 2.500€
- Xestión de clientes e/ou provedores: ata 4.000€
- BI e analítica: Ata 4.000€
- Servizos de oficina virtual: Ata 12.000€ (250€ por usuario)
- Xestión de procesos: Ata 6.000€
- Factura electrónica: Ata 1.000€
- Comunicacións seguras: Ata 6.000€ (125€ por usuario)
- Ciberseguridad: Ata 6.000€ (125€ por usuario)
AXENTES DIXITALIZADORES
Os axentes dixitalizadores aportarán as solucións e os servicios tecnolóxicos que precisan as pymes e los autónomos beneficiarios do programa Kit Digital para avanzar na dixitalización dos seus negocios.
A participación como axente dixitalizador habilitate para suscribir acordos de colaboración cos beneficiarios das axudas do programa e acompañalos nos procesos de transformación dixital, implementando solucións tecnolóxicas.
Para convertirte en Axente dixitalizador debes seguir os seguintes pasos:
- Accede ao formulario de adhesión na sede electrónica de Red.es (www.acelerapyme.es).
- Completa tódoslos pasos do formulario, indicando as categorías de solucións para as que solicitas adhesión.
- Publicita os teus servizos nos teus canles e suscribe os acordos de prestación de solucións dixitais cos beneficiarios do programa.
Requisitos
- Ter domicilio fiscal en España.
- Ter una antigüidade mínima de 2 anos no desenvolvemento da sua actividade.
- Ter alcanzado unha facturación de 100.000 € nalgún dos dous últimos exercicios.
- Estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridad Social.
- Non tener consideración de empresa en crisis.
- Ter condición de empresa, segundo a definición que figura no Anexo I do Regulamento(UE) n.º 651/2014 da Comisión, de 17 de xuño de 2014.
[…] O Bono kit dixital é un programa do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital dirixido a pemes e autónomos para acompañalos no seu proceso de transformación dixital para que grazas á tecnoloxía poidan evolucionar e mellorar no seu negocio. […]
[…] O Bono kit dixital é un programa do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital dirixido a pymes e autónomos para acompañalos no seu proceso de transformación dixital para que grazas á tecnoloxía poidan evolucionar e mellorar no seu negocio. […]