O Consello de Ministros aprobou a remisión ás Cortes Xerais do Proxecto de Lei de fomento do ecosistema das empresas emerxentes, máis coñecida como Lei de Startups.
Coa entrada en vigor do Real Decreto-lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantia da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, pretende paliarse a carencia que supón a temporalidade laboral, cuxo efecto principal é a volatilidade do mercado de traballo, evitando así a destrucción de emprego que se produce con cada crise económica.