PROXECTO DA LEI DE STARTUPS

O Consello de Ministros aprobou a remisión ás Cortes Xerais do Proxecto de Lei de fomento do ecosistema das empresas emerxentes, máis coñecida como Lei de Startups.

O Goberno por medio da aprobación do Proxecto da Lei de Fomento do Ecosistema das Empresas Emerxentes, coñecida como Lei de Startups, pretende adaptar o marco aplicable ás características das empresas de nova creación ou de menos de 5 anos (7 anos no caso de empresas de sectores estratéxicos), independentes doutras empresas, que non coticen nun mercado de valores, non distribúan nin distribuíse beneficios, teñan carácter innovador e teñan un volume de negocios anual de ata 5 millóns de euros.

O proxecto céntrase no ámbito administrativo, fiscal, civil e mercantil, coa fin de apoiar estas empresas ao longo do seu ciclo de vida, en particular, nas súas primeiras etapas. 

Alguns dos obxectivos que se perseguen con esta normativa son:

  • Fomentar a creación e a  relocalización de empresas emerxentes en España. 
  • Atraer talento e capital internacional para o desenvolvemento do ecosistema español de empresas emerxentes. 
  • Estimular o investimento público e privado en empresas emerxentes. 
  • Favorecer a interrelación entre empresas, axentes  financiadores e territorios para aumentar as posibilidades de éxito das empresas emerxentes, con especial atención a zonas rurais. 
  • Impulsar o achegamento entre a Formación Profesional e a Universidade e as empresas emerxentes. 
  • Contribuír a incrementar a transferencia de coñecementos da Universidade e dos organismos públicos de investigación e restantes axentes públicos do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación ao mundo empresarial. 
  • Eliminar as brechas de xénero existentes no ecosistema español de empresas emerxentes. 
  • Apoiar o desenvolvemento de polos de atracción de empresas e investidores. 
  • Impulsar a compra pública innovadora con empresas emerxentes. 
  • Garantir a eficacia e coherencia do sistema estatal de axudas ao emprendemento baseado en innovación. 
  • Promover o seguimento participativo da evolución do ecosistema español de empresas emergentes e dos resultados desta lei.

E para iso, prevese a aplicación das seguintes medidas:

Axilidade administrativa:

Prevese a gratuidade de aranceis respecto a notarios e rexistradores, na constitución de sociedades limitadas, así como na publicación no Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME); a creación da empresa por medios telemáticos; e a non obrigatoriedade de obter o número de identificación de estranxeiros (NIE) para os investidores non residentes, esixindo unicamente que tanto eles como os seus representantes obteñan os números de identificación fiscal (NIF).

Atractivos fiscais

  • Preténdese aplicar unha reducción do tipo impositivo no Imposto de Sociedades e o Imposto sobre a Renda de Non Residentes, do tipo xeral do 25% ao 15% nos catro primeiros exercicios desde que a base impoñible sexa positiva.
  • Elevar o importe da exención de tributación das opcións sobre accións (stock  options) de 12.000 a 50.000 euros anuais no caso de entrega por parte de  startups de accións ou participacións derivadas do exercicio de opcións de compra e flexibilízanse as condicións de xeración de autocarteira en sociedades de responsabilidade limitada.
  • Ampliar a base máxima de dedución por investimento en empresas de nova ou recente creación (de 60.000 a 100.000 euros anuais), o tipo de dedución (que pasa do 30 ao 50%), así como o período no que se considera de recente creación que sobe de 3 a 5 anos, con carácter xeral, ou a 7 para empresas de certos sectores.
  • Permitirase o adiamento da débeda tributaria do Imposto de Sociedades ou do Imposto sobre a Renda de Non Residentes nos dous primeiros exercicios dende que a base impoñible sexa positiva, sen garantías nin xuros de demora, por un período de 12 e 6 meses respectivamente. E elimínase a obrigación de efectuar pagamentos fraccionados do Imposto de Sociedades e do Imposto sobre a Renda de Non Residentes nos 2 anos posteriores a aquel no que a base impoñible sexa positiva.
  • Outro dos avances incluídos é o relativo á figura de «nómades dixitais», é dicir, aqueles emprendedores e teletraballadores que se despracen a territorio español. Estas persoas terán a posibilidade de residir e traballar en España durante 5 anos, así como acollerse ao réxime tributario especial e tributar polo Imposto sobre a Renda de Non Residentes. Co obxectivo de repatriar talento reláxanse os requisitos xerais para acceder a este réxime (pasando de 10 a 5 anos o requisito de non residencia previa en España).
  • Como incentivo social, tamén cabe destacar a eliminación durante 3 anos da dobre cotización á Seguridade Social en caso de pluriactividade, para emprendedores que traballen de forma simultánea para un  empleador por conta allea.
  • O Proxecto de Lei recolle outras medidas en favor das empresas emerxentes, como o fomento da compra pública innovadora ou a exención da causa de disolución cando as perdas deixen reducido o seu patrimonio neto a unha cantidade inferior á metade do capital social, sempre que non sexa procedente solicitar a declaración de concurso, ata que non transcorresen tres anos desde a súa constitución.

Circulación do coñecemento:

Tentarase fomentar a colaboración entre as administracións públicas, as universidades, organismos públicos de investigación e centros tecnolóxicos. Isto permitiría a proba de innovacións das  startups durante un ano, nunha contorna controlada, para avaliar a utilidade, viabilidade e o impacto de innovacións tecnolóxicas nos diferentes sectores de actividade produtiva.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes acceder á web da Moncloa.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *