Womenalia, a pioneira rede social, que ten como obxetivo unir a todas as mulleres profesionais na internet para axudalas no seu traballo e conseguir as súas metas profesionais.
A finalidade destes premios é dar prestixio á artesanía, presentándoa nunha contorna de calidade e excelencia; recoñecer os méritos daqueles profesionais e empresas artesás que destaquen pola súa creatividade, responsabilidade social e ambiental, adaptación ao mercado e capacidade de innovación, conservando ao mesmo tempo as características específicas que as definen como tales.
Programa de emprego e autoemprego co obxectivo de mellorar a empregabilidade e a ocupabilidade das persoias mozas de menos de 30 anos que se atopen na procura de emprego e non estén en situación de estudar ou formarse, nin traballando por conta allea ou propia.
A súa finalidade é colaborar dunha forma activa na xeración de emprego no municipio apoiando a posta en marcha de novos proxectos empresariais e contribuír na dinamización da actividade empresarial e do emprego que padece a crise económica xerada polo COVID-19 e do actual contexto internacional.
As axudas financiarán a posta en marcha de novos proxectos empresariais, que requiran o uso de tecnoloxías ou coñecementos desenvolvidos a partir da actividade investigadora e nos que a estratexia de negocio se base no desenvolvemento de tecnoloxía. Así mesmo, prímase a incorporación de persoas con grao de doutor á empresa para reforzar as súas capacidades de absorción e xeración de coñecemento.
As bases teñen por obxecto aprobar as condicións polas cales se rexerá a selección de empresas e proxectos por parte da Agadic para a súa participación no desenvolvemento e execución do Polo de aceleración do sector de videoxogos, coa finalidade de incentivar e estimular a profesionalización empresarial do sector de videoxogos e contidos interactivos.