A figura feminina convértese na protagonista desta primeira rede feita por mulleres e para mulleres, sendo unha plataforma social que pretende axudar a conseguir calqueira meta profesional que se propoñan. Con máis de 10 anos de experiencia, xa reuniu a máis de 350.000 usuarias.
Moi necesaria para “dar voz”, esta páxina promove o desenvolvemento profesional e o empoderamento feminino, á vez que funciona como consultoría en termos de igualdade e conciliación para as empresas.
Un único sitio onde poderás atopar un sinfín de posibilidades ó alcance da túa man. O funcionamento é sinxelo, basta con rexistrarse e terás aceso a contidos exclusivos, ofertas de emprego, blogs eventos e formacións para o teu crecemento persoal e laboral.
A todo isto súmanse as accións específicas que realizan para as empresas, como entrega de premios, becas ou enquisas. Xa serviron de apoio a máis de 250 empresas en cuestións de plans de igualdade e captación de talento feminino. Ademais, tratan de favorecer encontros profesionais mediante debates ou conferencias, utilizando grandes referentes e líderes no seu sector.
Nunha sociedade avanzada pero onde seguen existindo diferenciais laborais entre xéneros, esta red é unha ferramenta para o progreso e futuro da muller.
#MÁSFÁCILJUNTAS