PREMIOS ANUAIS AO EMPRENDEMENTO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

¿Tes un proxecto de emprendemento no rural ou unha iniciativa sostible e dixital como emprendedor? A Deputación de Pontevedra ten un plan de premios para tí. Podes optar a estos premios, que buscan promover o talento e o potencial emprendedor da provincia de Pontevedra.

Coa finalidade de premiar e poñer en valor o potencial emprendedor dos proxectos empresariais da provincia, a Deputación de Pontevedra, no marco do proxecto SmartPeme e coa colaboración da Fundación Roberto Rivas, lanza esta primeira edición dos Premios Anuais de Emprendemento nos que se establecen as seguintes categorías:

  • Premio á mellor iniciativa de emprendemento rural: 4.000€.Nesta categoría, premiaranse aqueles proxectos  que impulsen o emprendemento ou xeneren emprego nas zonas rurais e que, ademais, realice algunha acción sostible na contorna local.
  • Premio á mellor iniciativa de emprendemento por proposta de negocio e compromiso sostible e dixital: 3.500€.Nesta categoría, premiaranse aqueles proxectos con base tecnolóxica que incorporen algún elemento innovador e, que conten, cun desenvolvemento dixital continuo. Proxectos que xeren un impacto positivo, impulsando a sustentabilidade das empresas na contorna de Pontevedra.
Persoas beneficiarias

Poden presentarse a estes Premios, as persoas emprendedoras cun proxecto vixente en fase inicial (antigüidade como empresa inferior a 3 anos), que teñan a súa sede social ou que desenvolvan a súa actividade empresarial na provincia de Pontevedra.

Criterios de valoración

Para a concesión dos premios valorarase o seguinte::

  • Xerar impacto na provincia de Pontevedra: un proxecto xera impacto positivo cando este axuda á creación de emprego, é sostible e, ademais, ten un impacto social positivo.
  • A viabilidade do proxecto: cando este é capaz de crecer de forma sostida no tempo e ten unha estratexia coherente.
  • Incorporar elementos innovadores:  intelectuais ou materiais, que propicie ao cambio e á creación de vantaxes competitivas.
  • Contar cunha estratexia de desenvolvemento dixital continuo: para mellorar o rendemento empresarial.
  • Priorizar a contorna local: o medio máis próximo onde a empresa desenvolve a súa actividade.
  • Realizar algunha acción sostible: aquela que está orientada a garantir un equilibrio entre crecemento económico, coidado do medio e benestar social.
Prazo

Ata o 7 de decembro de 2022.

As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través da Sede electrónica da Deputación de Pontevedra:  https://sede.depo.gal/web/public/catalog-detail/132804655

Deberase indicar na solicitude o proxecto empresarial co que se opta ao Premio e engadir a memoria executiva do proxecto.

Máis información

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/11/28/2022070871

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *