SUBVENCIÓNS RESCATE COVID AUTÓNOMOS 2020

Beneficiarios:

Persoas traballadoras autónomas, microempresas e pemes do sector da hostalería, incluídos hoteis, hostais, casas rurais ou outro tipo de aloxamentos, que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter domicilio fiscal en Galicia
  • Estar afectado polos supostos de peche do establecemento ou peche perimetral ditados pola autoridade sanitaria da Xunta de Galicia.
  • Ter establecemento pechado durante un mínimo de dúas semanas
  • Estar ao corrente nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter débedas coa Administración Pública da Comunidade Autónoma.
  • Que a persoa ou entidade beneficiaria non estea afectada polo réxime de “minimis”.

Prazo de solicitude:

Ata o 28 de decembro de 2020 ou ata esgotamento do crédito.

Tipos de solicitude:

Axuda de 1500€ ao mes por establecemento paralizado.

Axuda de 2000€ ao mes por establecemento paralizado de 10 ou máis traballadores.

Compatibilidades:

Estas axudas serán compatibles con calquera outras convocadas polas administracións publicas sempre e cando a persoa ou entidade beneficiaria as poña en coñecemento dos órganos concedentes.

Máis información:

Neste enlace da páxina da sede da Xunta aparece a orde decretada pola Consellería de Traballo e Igualdade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *