A Xunta de Galicia publicou no DOG o pasado 27 de novembro dous programas de subvencións rescate para empresas afectados pola Covid19. A finalidade desta orde é priorizar a recuperación das empresas e o emprego nos sectores mais resentidos pola pandemia en Galicia.
O Programa I está dirixido a microempresas e autónomos galegos afectados pola pandemia.
- Obxectivo: apoiar o mantemento da actividade económica das microempresas galegas que desenvolvan a sua actividade económica nos sectores máis afectados.
- Beneficiarios: autónomos con traballadores ao seu cargo; microempresas e pemes pertencentes aos sectores paralizados. Prestando especial atención aos encadrados no lecer nocturno como discotecas, pubs, salas de festas,etc; as actividades de atraccións de feiras e outros negocios tales como transporte marítimo de pasaxeiros, taxi, provisión de comidas preparadas para eventos, exhibición cinematográfica, axencias de viaxes, operadores turísticos e demais actividades recollidas no DOG.
- Requisitos: o domicilio fiscal debe estar en Galicia; a empresa debe ter recoñecido o ERTE dende a declaración do estado de alarma e que a facturación no 2020 sexa menos do 45% con respecto o ano anterior; estar ao día coas obrigas tibutarias á Seguridade Social.
- Prazo: ata o 28 de Decembro do 2020 ou ata que o esgotar o crédito, se realizará a presentación vía medios electrónicos.
- Tipos de axuda: De 4.000€ que se aboarán en dous pagamentos, un no ano 2020 e outro no 2021. De 5.000€ dirixido ás persoas ou empresas que pertenzan aos sectores especialmente paralizados, tamén se realizará en dous pagamentos.
MAIS INFORMACIÓN: ORDE do 26 de novembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa I microempresas, de mantemento do emprego e a actividade económica das microempresas de Galicia máis afectadas pola COVID-19 (DOG nº 240 do 27 de Novembro do 2020).
Neste enlace da páxina da Sede Electrónica da xunta