SUBVENCIÓNS PARA AMPLIAR E DIVERSIFICAR A OFERTA CULTURAL EN ÁREAS NON URBANAS TERRITORIO CULTURA

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais para a concesión de subvencións á ampliación e diversificación da oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismos de recuperación e resiliencia

ENTIDADES BENEFICIARIAS

Establécense dúas categorías de posibles entidades beneficiarias desta convocatoria:

  • Categoría 1. As persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas, legalmente constituídas
  • Categoría 2. Concellos e o sector público institucionalda calquera Administración (organismos públicos, entidades de dereito público ou privado)

GASTOS SUBVENCIONABLES

Considéranse gastos subvencionables:

  • Proxecto técnico. Enténdese por gastos de proxecto técnico os relativos aos honorarios dos profesionais encargados da redacción do proxecto que se presenta á subvención, como consultoría especializada na xestión cultural.
  • Gastos de remuneracións dos espectáculos artísticos ou culturais que formen parte do proxecto. Estes gastos refírense aos cachés dos artistas, compañías, comisariados ou calquera outro profesional do ámbito dos proxectos enmarcados.
  • Os custos de deseño, creación, produción, montaxe/desmontaxe e instalación das escenografías dos espectáculos que forman o proxecto. Trátase de gastos relacionados coa creación das escenografías, desde a súa concepción ata a súa exhibición.
  • Os gastos por servizos asociados á programación, tales como servizos técnicos e auxiliares e outros de carácter profesional necesarios para levar a cabo o obxecto da subvención.
  • Gastos en dereitos de autor.
  • Gastos en investigación e innovación, formación, mediación e consultoría.
  • Gastos de alugamento de espazos para a exhibición dos espectáculos e actividades que forman parte do proxecto.
  • Gastos de difusión en plataformas en liña ou streaming das actividades que conforman o proxecto subvencionado.
  • Gastos en comunicación e publicidade en liña ou off line, entendendo por tales os gastos do deseño, materiais promocionais, insercións publicitarias, etc.
  • Gastos en contratación de persoal vinculados ao proxecto.
  • Gastos xerais. Considéranse subvencionables os gastos xerais, entendendo por tales aqueles que non poden vincularse directamente pero son necesarios para a realización da actividade subvencionada, sen que en ningún caso poida superar o 7 % do importe xeral dos gastos subvencionables. Terán consideración de gastos xerais, entre outros os custos de desprazamento, gastos financeiros directamente relacionados coa actividade subvencionada, subministracións necesarias como teléfono, luz, auga, e aqueloutros vinculados indirectamente co proxecto.

CONTÍA

As porcentaxes máximas de axuda e contías máximas son as seguintes:

  • Categoría 1: persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas. A contía máxima da axuda será do 80 % do proxecto cun límite máximo, en todo caso, por persoa ou entidade beneficiaria de 50.000,00 euros.
  • Categoría 2: concellos e seus organismos públicos, entidades de dereito público vinculados ou dependentes: a contía máxima da axuda será do 70 % do proxecto cun límite máximo, en todo caso, por persoa beneficiaria de 50.000,00 euros.

PRAZO

O prazo máximo para presentar as solicitudes remata o 3 de xunio de 2022

PARA MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes consultar a RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241 ou na Sede Electrónica da Xunta (CT404F).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *