SUBVENCIÓNS PARA A TRANSFORMACIÓN DIXITAL E A MODERNIZACIÓN DO SECTOR COMERCIAL E ARTESANAL 2023

Se tes un comercio retallista ou un obradoiro artesanal e queres modernizalo interésanche estas subvencións.

Bases reguladoras para a concesión de subvenciones destinadas á transformación dixital e a  modernización do sector comercial e artesanal na Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarios
  • Comercios minoristas (persoas físicas ou xurídicas, comunidade de bens, sociedades civís ou calquera outra empresa) que cumpran os seguintes requisitos:
    •  Que teñan o seu domicilio e desenvolvan a  súa actividade comercial en Galicia, que non sexan grandes establecementos comerciais e que cumpran cos requisitos legais para exercer a actividade. No caso dos comerciantes que realicen a actividade comercial en liña (sen local), deberán ter o domicilio social en Galicia.
    • Que tendo a condición de PEME, teñan un máximo de 20 empregados, incluíndo ás persoas en situación de autoemprego.
    • Que estean dadas de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e III, e que esa sexa a actividade principal.
    • Se desenvolven a actividade comercial nun local, este non poderá ter unha superficie superior a 300 metros cadrados (excepto actividades no IAE 653.1).
  • Obradoiros artesanais que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

As empresas en crise, conforme á definición prevista no artigo 2 número 18 do Reglamento (CE) nº 651/2014, non poderán ser beneficiarias destas axudas.

Accións Subvencionables
  1. Liña de dixitalización comercial.
    1. 1- No cadro seguinte recóllense as actuacións que poden ser obxecto de subvención e o investimento máximo subvencionable para  os obradoiros artesáns e comerciantes retallistas con tenda física, distinguindo entre:
      • Módulo I: Obradoiros artesáns e comerciantes retallistas con tenda física sen páxina web ou páxina web sen actualizar.
  • Módulo II.
    a) Obradoiros artesáns e comerciantes retallistas con tenda física e páxina web sen venda en liña, que teñan implantadas todas as actuacións do módulo I.

b) Obradoiros artesáns e comerciantes retallistas con tenda física e páxina web con venda en liña, que teñan implantadas todas as actuacións do módulo I.

  1. 2- No cadro seguinte recóllense as actuacións que poden incluírse na subvención e o investimento máximo subvencionable para  os comerciantes retallistas sen tenda física:
    • Módulo I: Comerciantes retallistas sen tenda física.
  • Módulo II: Comerciantes retallistas sen tenda física, que teñan implantadas todas as actuacións do módulo I.

2. Liña de modernización comercial.

  • Obradoiros artesáns e comerciantes retallistas con tenda física.
  • Considéranse actuacións subvencionables a adquisición, en réxime de propiedade, de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal, que deberán ser en todo caso de primeiro uso.
  • O investimento máximo subvencionable para a adquisición de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal é de 7.000,00 € (IVE excluído).
Contía da subvención

A porcentaxe da subvención será o 80 % dos investimentos máximos subvencionables.

Prazo

O prazo de solitudes estará aberto ata o 03/04/2023.

Máis información

Consulta a ORDE do 23 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal e se procede á súa convocatoria para o ano 2023.

Acceder ao procedemento de tramitación:

  • Código de procedemento CO300C

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *