Promoción e mantemento do autoemprego de persoas emigrantes retornadas

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases que regulan o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das dúas liñas de subvencións, dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas que exerzan a súa actividade laboral ou profesional na Comunidade Autónoma galega (Código do procedemento PR937A)

PERSOAS BENEFICIARIAS

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas emigrantes que se establezan na Comunidade Autónoma galega e que cumpran cos seguintes requisitos:

  • As persoas galegas e nacidas en Galicia.
  • Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia
  • Estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno a España.
  • Estar de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade do colexio profesional, con anterioridade á presentación da solicitude.
  • Residir e exercer a súa actividade laboral ou profesional na C.A. de Galicia.
  • Non incorrer en ningunha das circunstancias e prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria de subvencións enumeradas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

TIPOS DE AXUDA

Liña 1. Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora.

Para esta liña, establécese unha contía da subvención de 5.000 euros que pode verse incrementada nos seguintes supostos:

  • No caso de que a persoa solicitante sexa muller: 1.000 euros
  • No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) esté situado nun concello rural: 2.000 euros.

O importe máximo da subvención concedida será de 8.000 euros.

Liña 2. Subvención COVID-19 para mantemento do autoemprego.

As subvencións destinadas a esta liña COVID-19 terán un importe de 3.000 euros.

INCOMPATIBILIDADES

 A obtención das subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora e das subvencións COVID-19 para mantemento do autoemprego son compatibles con outras que polos mesmos conceptos poidan outorgar as administracións públicas.

As subvencións da liña 1 e da liña 2 recollidas nesta resolución son incompatibles entre si.

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de novembro do 2021.

MÁIS INFORMACIÓN:

Para máis información podes consultar a RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora e de subvencións COVID-19 para mantemento do autoemprego, na Comunidade Autónoma galega, das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á segunda convocatoria no ano 2021 (código de procedemento PR937A) e na Sede electrónica da Xunta.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *