PROGRAMA PYME SOSTENIBLE 2025

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Tui convoca subvencións para o desenvolvemento de plans de apoio para impulsar a innovación en materia de sostibilidade no marco do Programa PYME SOSTENIBLE, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.

O programa Pyme Sostenible contribúe a acadar o obxectivo específico de fortalecer o crecemento sostible e a competitividade das pemes e a creación de emprego no seu interior, tamén mediante investimentos produtivos. O obxecto desta convocatoria é promover a participación das pequenas e medianas empresas (pemes) da demarcación da Cámara de Comercio de Tui (concellos de O Porriño, Salceda de Caselas, Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia)  no Programa de axudas Pyme Sostenible 2025, ofrecéndolles:

  • Diagnóstico asistido en sostibilidade.
  • Axudas económicas para implantar melloras detectadas no plan personalizado de sostibilidade

Beneficiarios  

Pemes da demarcación territorial da Cámara de Comercio de Tui que se atopen dadas de alta no Censo do IAE (Imposto de Actividades Económicas), que cumpran os seguintes requisitos:

  • Sexan empresas validamente constituídas (non se admiten comunidades de bens, asociacións, fundacións, UTEs, etc.).
  • Estean dadas de alta no IAE antes do 1 de xaneiro de 2023 (exceptúanse sectores primarios como agricultura e pesca).
  • Facturen como mínimo 100.000 € no último exercicio.
  • Teñan domicilio social e/ou centro produtivo nun dos municipios da demarcación da Cámara de Comercio de Tui (concellos de O Porriño, Salceda de Caselas, Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia).
  • Estean ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
  • Non estean en crise segundo o Regulamento (UE) Nº 651/2014.
  • Cumpran a norma de minimis (non superar 300.000 € en axudas públicas nos últimos 3 anos).
  • Non ter participado xa na fase de diagnóstico no ano anterior, nin ter recibido axuda na Fase II en convocatorias do mesmo programa desde 31/12/2023.
  • Poderán acceder directamente á Fase II empresas que xa participaran en programas similares de sostibilidade.

Actividades subvencionables

A actividade subvencionable é a implantación de melloras e solucións en sostibilidade detectadas previamente nun diagnóstico, relacionadas con:

  • Pegada de carbono.
  • Uso eficiente da enerxía.
  • Economía circular.
  • Implantación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Gastos subvencionables

Subvencionaranse os gastos derivados da execución do Plan de Implantación sempre que:

  • Sexan realizados por provedores externos sen vinculación coa empresa solicitante.
  • Non coincidan coa actividade habitual da empresa.
  • Respecten os prazos e sexan aprobados pola Cámara.
  • Se soliciten 3 orzamentos se o gasto supera os límites do contrato menor.

Gastos:

  • Custes directos do Plan de Acción: máximo 7.000 € (sen IVE).
  • Custes indirectos: 7% dos custes directos, sen necesidade de xustificación (490 €).
  • Total elixible por empresa: 7.490 €.

Contía 

Axuda máxima por empresa: 4.494 €, contía que representa o 60% do custo total elixible (7.490 €), tendo que achegar a empresa o 40% restante.

Estímase que co orzamento dispoñible, poderán subvencionarse un máximo de 7 empresas.

Prazo 

Inicio prazo de solicitudes: 26 de maio do 2025 as 9:00 horas

Fin prazo de solicitudes: 12 de setembro do 2025 as 14:00 horas.

As axudas concederanse por orde de entrada da solicitude.

Máis información

Consulta a sede da Cámara de comercio de Tui

Código BDNS: 832172

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto coa Cámara de Comercio de Tui, chamando ao teléfono 986 600 216.

Este resumo ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *