A Xunta de Galicia abre o prazo para solicitar as axudas do “Programa Nova Oportunidade”, dirixido a persoas que volvan a emprender un negocio como traballadoras autónomas tras o cese dunha actividade anterior e que no momento previo á nova alta como persoa traballadora autónoma non teñan ocupación efectiva e estean inscritas como demandantes de emprego.
A súa finalidade é facilitar a volta á actividade económica á persoa emprendedora a quen lle foi mal no seu anterior negocio pero ten a experiencia práctica e a iniciativa de volver a emprender, no mesmo ou diferente sector.
O programa ten como apoio o Bono alta nova oportunidade para axudar a posta en marcha do novo negocio.
Persoas beneficiarias e requisitos
- Serán beneficiarias destas axudas as persoas autónomas que teñan sido autónomas con anterioridade, que queren volver a emprender, e cumpran os seguintes requisitos:
- Ter causado alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, entre o 31 de outubro de 2022 e o 30 de outubro de 2023.
- Ter cotizado anteriormente a esta nova alta polo menos durante 3 meses ininterrompidos na súa vida laboral no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
- Estar inscrita como persoa demandante de emprego nos servizos públicos de emprego con carácter previo á nova alta e carecer de ocupación efectiva (non ter contrato laboral en vigor e atoparse en tal situación na data inmediatamente anterior á de inicio da actividade laboral).
- Transcorrer un período mínimo de tres meses entre a nova alta na Seguridade Social e a anterior baixa.
- Ter o domicilio fiscal en algún concello de Galicia e desenvolver a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia.
- Ter iniciada a actividade con anterioridade á presentación da solicitude de subvención.
2. As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude e non con anterioridade ao período subvencionable.
3. Quedan excluídas das axudas reguladas nesta orde as persoas traballadoras autónomas que xa foran beneficiarias con anterioridade desta axuda, así como as persoas traballadoras autónomas membros de entidades de economía social e as persoas autónomas administradoras que non acrediten participación na empresa ou negocio. Tamén quedan excluídas as persoas autónomas colaboradoras e os membros das sociedades mercantís e sociedades laborais.
Obrigas das persoas beneficiarias
Son obrigas das persoas beneficiarias destas subvencións:
- Permanecer de alta no RETA ou na mutualidade de colexio profesional durante un tempo mínimo de 12 meses desde a súa alta como persoa traballadora autónoma, salvo cesamento por causas alleas á súa vontade, o que deberá acreditar de maneira fidedigna.
- Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións.
- Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
- Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas persoas beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberase efectuar tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
- Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a se ditar a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.
- Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
- Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Contía
A axuda do Bono alta nova oportunidade será dunha contía de 10.000€ ás persoas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 4.
Prazo
O prazo de presentación de solicitudes e desde o 1 de xuño de 2023 o 31 de outubro de 2023.
Máis información e acceso ao procedemento de solicitude
Acceder ao procedemento de tramitación:
Se tes interés podes solicitar cita no noso servizo de asesoramento, podes chamarnos no: 986 42 33 66.
IMPORTANTE! Segundo o artigo 13, haberá que presentar documentación que acredite a posta en marcha da actividade, mediante a acreditación da seguinte documentación: facturas de compra de maquinaria, de alugueiro, de compra de mercadorías ou de calquera outro documento que acredite suficientemente a actividade e a posta en marcha da empresa ou do negocio. Estas axudas quedan sometidas ao réxime de minimis. |
---|