Esta medida ten como finalidade fomentar o emprego xuvenil cualificado, a través de axudas á contratación de persoas mozas maiores de 16 e menores de 30 anos con perfís profesionais en I+D+I, ao tempo que se impulsa a capacidade investigadora e innovadora das empresas e outras entidades galegas de investigación.
As actividades obxecto das axudas son as relacionadas coa sanidade, a transición ecolóxica e a economía verde, a dixitalización de servizos e enxeñaría de datos ou science data, así como proxectos de investigación destinados ás áreas sociais, culturais, artísticas ou de calquera outro ámbito de estudo.
Beneficiarios
- Persoas empregadoras e empresas que estean a investir na realización de iniciativas de investigación e innovación, incluídas as empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT).
- Centros privados de I+D+i, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia, que teñan a I+D+i como actividade principal, tales como universidades, fundacións, centros tecnolóxicos,….
Ademais, deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:
– Ter centro de traballo en Galicia
– Desenvolver proxectos de investigación ou innovación nos que se integre a persoa contratada.
– Realizar a contratación laboral por conta allea a tempo completo. A modalidade de contrato a utilizar será o contrato indefinido.
Non se subvencionarán contratos de duración inferior a 12 meses nin a tempo parcial.
Actividades subvencionables
Serán subvencionables as contratacións indefinidas de persoas mozas desempregadas, menores de 30 anos, que participen na realización de proxectos de I+D+i, levadas a cabo polas entidades beneficiarias en centros situados en Galicia.
As actividades realizadas polas persoas contratadas deben estar recollidas nun proxecto concreto presentado pola entidade solicitante, no que se xustifique a súa natureza innovadora e o papel que desempeñará a persoa contratada.
A subvención destinarase a custos laborais e salariais das persoas mozas contratadas, incluíndo os gastos de cotización por todos os conceptos á Seguridade Social.
O período subvencionado será de 12 meses. A data límite para o inicio dos contratos subvencionados será o 30 de setembro de 2025.
Exclusións
- Non se poderán contratar persoas mozas que desempeñasen nos 6 meses inmediatamente anteriores á data da solicitude desta axuda calquera tipo de posto na mesma empresa ou grupo de empresas.
- Tampouco se poderán contratar ao abeiro desta convocatoria de axudas as persoas mozas cuxos contratos foron subvencionados ao abeiro do Programa Investigo nas convocatorias dos anos 2022 e 2023 e 2024.
- Están excluídos os contratos fixos descontinuos.
Contía de axudas
A subvención calcularase en base ao número de persoas a contratar e o grupo de cotización no que se contraten:
- 22.405,94 € por cada persoa contratada, no caso de contratos nos grupos de cotización da Seguridade Social 9 a 5, ambos incluídos.
- 33.108,84 € por cada persoa contratada, no caso de contratos nos grupso de cotización 4 a 1, ambos incluídos.
O número máximo de contratos a subvencionar por entidade será de 3.
Prazo
As solicitudes poderán presentarse ata o 8 de agosto de 2025.
Outra información a ter en conta
- Presentarase unha única solicitude por entidade para todas as contratacións que se vaian realizar.
- Estas axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva, polo que se irán concedendo por orde de presentación de solicitudes ata o esgotamento do crédito.
- Axudas sometidas ao réxime de mínimis.
- Son incompatibles con outras subvencións, ayudas, ingresos o recursos para la misma finalidad, procedentes de cualquier Administración o entidad, pública o privada.
Máis información
Acceder ao procedemento de tramitación: código de procedemento TR349V
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
Este resumo ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.