Este programa está dirixido a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, incluíndo tamén medidas para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos de información, asesoramento e orientación empresarial.
O programa Emega 2025 inclúe catro liñas de axuda:
- Emega Emerxe: para a posta en marcha de novas iniciativas empresariais.
- Emega Impulsa: para a reactivación ou mellora de empresas xa existentes.
- Emega Innova: para proxectos empresariais con contido innovador, científico ou tecnolóxico.
- Emega Concilia: axuda complementaria para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
Consideración comúns a todas as liñas de axudas
Para optar a calquera das modalidades do programa Emega (Emerxe, Impulsa, Innova e a axuda complementaria Concilia), as empresas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos xerais:
- Ser unha empresa privada formada por mulleres, válida e legalmente constituída, que teña a condición de microempresa ou pequena empresa:
- Microempresa: menos de 10 traballadoras e volume de negocio ou balance anual inferior a 2 millóns de euros.
- Pequena empresa: menos de 50 traballadoras e volume de negocio ou balance anual inferior a 10 millóns de euros.
- Ter domicilio social, fiscal e actividade en Galicia.
- A actividade pode ser desenvolvida por distintas formas xurídicas: empresarias individuais, sociedades civís, comunidades de bens, sociedades mercantís, cooperativas de traballo asociado, sociedades laborais e sociedades profesionais.
- Nas empresas societarias, a administración debe exercela exclusivamente mulleres. Ademais:
- Nas microempresas, o capital debe estar integramente en mans femininas.
- Nas pequenas empresas, o capital debe estar maioritariamente en mans de mulleres.
- Todas as promotoras deben estar de alta na Seguridade Social ou na mutualidade profesional correspondente e vinculadas laboralmente á empresa, desenvolvendo actividade habitual nela.
- Non se terán en conta as autónomas colaboradoras.
- Os postos de traballo computables deben ser ocupados por mulleres e con contrato indefinido:
- No caso de contratos a tempo parcial, a xornada non pode ser inferior ao 50 % da xornada ordinaria legal ou convencional.
- Os contratos fixos descontinuos só serán válidos se a duración da actividade laboral supera os 10 meses nun período de 12.
- É obrigatorio que a empresa inicie a actividade económica e laboral dentro do período establecido segundo a modalidade solicitada.
- O proxecto debe demostrar viabilidade técnica, económica e financeira, acreditado mediante a presentación dun plan de negocio.
- Non ter recibido axudas Emega nas convocatorias dos últimos cinco anos (2020–2024). En total, unha empresa ou promotora só pode obter axuda Emega en dúas convocatorias como máximo.
- Comprométese a manter a actividade e o emprego subvencionado durante un mínimo de 18 meses desde a resolución da axuda.
Liña Emega Emerxe
Persoas beneficiarias
Poden acollerse a esta liña as empresas de nova creación constituídas por mulleres, que cumpran os seguintes requisitos:
- A actividade debe iniciarse entre o 30 de setembro de 2024 e a data límite de presentación de solicitudes (14 de agosto de 2025).
- A creación da empresa debe implicar a creación do posto de traballo de todas as promotoras.
- Polo menos o 50 % das promotoras deben estar en situación de desemprego durante o mes anterior á alta na Seguridade Social ou mutualidade.
- As promotoras deben estar de alta no réxime correspondente dentro do mesmo período (do 30/09/2024 ao 14/08/2025).
- Non deben ter desenvolvido actividade empresarial na mesma rama (CNAE a 3 díxitos) nos últimos tres anos.
Contía
A contía dos incentivos da liña Emerxede termínase en atención ao número de postos de traballo creados, de acordo coa seguinte escala:
Postos de traballo femininos creados | Contía da axuda |
1 posto | 10.000 € |
2 postos | 16.000 € |
3 postos | 20.000 € |
4 ou máis postos | 22.000 € |
Liña Emega Impulsa
Persoas beneficiarias
Dirixida a empresas xa constituídas por mulleres que queiran reactivar, consolidar ou mellorar a súa actividade. Deben cumprir:
- Ter unha actividade efectiva de polo menos 3 anos no momento de finalizar o prazo de solicitude (14 de agosto de 2025). Tamén poden acceder empresas con menos antigüidade se as promotoras demostraron actividade autónoma nos últimos 3 anos.
- Presentar un proxecto de mellora ou reactivación recollido nun plan de negocio. Exempos válidos:
- Cambio de localización.
- Renovación de instalacións ou maquinaria.
- Implantación de TIC ou ferramentas comerciais.
- Deben manter ou incrementar os postos de traballo femininos preexistentes.
- As novas altas na Seguridade Social deben formalizarse entre o 30/09/2024 e a data límite de xustificación da axuda.
Contía
A contía para a liña Emega Impulsa é a seguinte:
Postos de traballo femininos existentes | Contía da axuda |
1 posto | 8.000 € |
2 postos | 12.000 € |
3 postos | 14.000 € |
4 ou máis postos | 17.000 € |
Liña Emega Innova
Persoas beneficiarias
Dirixida a empresas de nova creación promovidas por mulleres, baseadas en proxectos innovadores, científicos ou tecnolóxicos. Deben cumprir:
- Iniciar a actividade entre o 30 de setembro de 2024 e o 14 de agosto de 2025.
- O proxecto debe ter alto contido científico, tecnolóxico ou innovador: aplicación de desenvolvementos tecnolóxicos, I+D+i, novos procesos ou produtos con valor intanxible.
- Crear os postos de traballo de todas as promotoras.
- Polo menos o 50 % das promotoras deben estar desempregadas no mes previo á alta na Seguridade Social.
- Polo menos unha promotora debe ter titulación universitaria nunha área relacionada coa actividade empresarial.
- Non ter desenvolvido actividade na mesma rama (CNAE a 3 díxitos) nos 3 anos anteriores.
Contía
A contía para a liña Emega Innova é a seguinte:
Postos de traballo femininos creados | Contía da axuda |
1 posto | 18.000 € |
2 postos | 27.000 € |
3 postos | 32.000 € |
4 ou máis postos | 42.000 € |
Liña Emega Concilia
Persoas beneficiarias
Esta é unha axuda complementaria que só poden solicitar empresas que resulten beneficiarias dunha das seguintes liñas: Emerxe, Impulsa ou Innova.
Existen dúas modalidades:
- Concilia-promotoras: para empresas nas que algunha promotora teña fillos/as menores de 3 anos na data límite de xustificación da axuda.
- Concilia-persoas traballadoras por conta allea: para empresas que implanten medidas de conciliación para o seu persoal mediante:
- Un plan de igualdade ou acordo de conciliación co persoal.
- Acordos individuais de teletraballo cun mínimo do 30 % da xornada.
Contía
A contía para a liña Emega Concilia é a seguinte:
Modalidade | Contía da axuda |
Concilia-promotoras | 3.000 € por empresa |
Concilia – plan de igualdade/acordo de conciliación | 4.000 € por empresa |
Concilia – teletraballo (mín. 30 % da xornada) | 1.000 € por traballadora(máx. 5.000 € por empresa) |
Criterios de valoración comúns
- Postos de traballo femininos xerados (ata 40 puntos)
Valorarase o número de empregos estables para mulleres creados coa iniciativa, xa sexa por conta propia ou allea (contrato indefinido):
- 1 posto → 10 puntos
- 2 postos → 20 puntos
- 3 postos → 30 puntos
- 4 ou máis → 40 puntos
- Sector económico masculinizado (10 puntos).
Outorgaranse 10 puntos adicionais se a actividade da empresa se desenvolve nun sector con presenza maioritaria de homes, entendéndose como tal aqueles nos que a diferenza porcentual entre homes e mulleres afiliadas é igual ou superior a 20 puntos, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (con datos de decembro 2024).
- Inserción laboral de mulleres maiores de 55 anos.
Valorarase positivamente a incorporación ao proxecto de mulleres maiores de 55 anos, xa sexa como promotoras ou como traballadoras con contrato indefinido.
Aínda que estes criterios se aplican ao conxunto do programa, a liña Concilia se concede só a aquelas empresas que resulten beneficiarias dunha das outras tres liñas e cumpran os requisitos establecidos para esta axuda complementaria.
Prazo
Ata o 14 de agosto de 2025.
Máis información
Acceder ao procedemento de tramitación:
- Código de procedemento SI429A
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.