PROGRAMA AXUDAS PARA IMPLANTAR A IGUALDADE LABORAL, A CONCILIACIÓN E A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL 2024

Se es autónomo ou tes unha PEME con persoas traballadoras contratadas e queres implantar un plan de igualdade, medidas de conciliación ou unha certificación de RSE, xa podes solicitar o Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial.

A través desta convocatoria, a Xunta de Galicia concede axudas, en concorrencia competitiva, que se reparten en tres liñas: 

  • Liña I: elaboración e implantación de plans de igualdade.
  • Liña II: implantación de medidas de conciliación da vida familiar, persoal e laboral.
  • Liña III: certificacións de RSE (responsabilidade social empresarial). 

O obxectivo destes apoios é contribuír á transformación das empresas galegas cara unha economía descarbonizada, facilitar a integración laboral en igualdade de condicións e dotar de ferramentas para a conciliación, o teletraballo e a desconexión dixital.

BENEFICIARIOS

  • Para a liña I (elaboración e implantación de plans de igualdade), as empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas autónomas que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica e que estean validamente constituídas.
  • Para as liñas II (conciliación) e III (certificacións de RSE): as mesmas que para a liña I e, a maiores,  as empresas que conten con centros de traballo en Galicia.

Requisitos que deben cumprir

Para a liña I: elaboración e implantación de plans de igualdade

  • As empresas deberán contar como mínimo con 10 persoas traballadoras e cun máximo de 49.

Para a liña II: conciliación, que á súa vez, comprende tres subliñas:

Subliña II.1. Incentivos para fomento do teletraballo: incentivarase a adopción de acordos laborais de teletraballo:

  • Contar cun mínimo de 1 persoa traballadora, que formalicen un acordo de teletraballo non inferior a 2 anos cunha persoa xa vinculada á empresa por contrato a xornada completa e cunha antigüidade de, polo menos, 1 ano.
  • Contraten ex novo persoal na modalidade de teletraballo a xornada completa durante  mínimo 2 anos.
  • Que o teletraballo supoña, como mínimo, o 50% da xornada semanal ordinaria.

Subliña II.2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria, para a adopción de acordos laborais de flexibilidade horaria:

  • Contar cun mínimo con 5 persoas traballadores.
  • O acordo adoptado deberá detallar as medidas que se van implantar de xeito que queden reflectidas as melloras propostas con respecto á situación anterior.

Subliña II.3. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo:

  • Contar cun mínimo de 1 persoa traballadora.
  • Que exista un acordo de teletraballo en vigor.
  • Orzamento, desagregado por conceptos, dos gastos derivados do investimento que se vai realizar (sen IVE).

Liña III: certificacións de RSE

  • As empresas deberán contar cun mínimo de 5 persoas traballadoras.

Para todas as liñas será necesario que as entidades solicitantes teñan unha taxa de estabilidade cando menos do 50% desde o 1 de xaneiro de 2024 durante todo o período de execución das axudas.

CONTÍAS DAS AXUDAS

Liña I: elaboración e implantación de plans de igualdade

  1. Ata o 80% dos custos que compute o proceso de diagnose previa da empresa cun máximo de 3.000 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata de 5.000 € nos demais supostos.
  2. Ata o 80% dos custos derivados da elaboración dun plan de igualdade, con máximo de 1.500 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata de 3.000 € nos demais supostos.
  3. Ata o 80 % dos custos derivados da implantación das medidas prioritarias previstas na primeira fase do plan de igualdade con custo máximo de 1.000 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata 2.000 € nos demais supostos.
  4. Unha contía de 12.000 € pola contratación, como mínimo, dun ano dunha persoa experta en igualdade.
  5. A contratación prevista no número 4 é compatible coas axudas previstas nas letras 1, 2 e 3.

Liña II: conciliación

Subliña II.1. Incentivos para fomento do teletraballo:

  • As axudas consistirán nun incentivo de 2.000 € por persoa traballadora cun acordo de teletraballo, ben por adaptación do contrato que teña na empresa ou ben pola realización dun novo contrato para unha persoa non vinculada á empresa, co límite máximo de 8.000 € por empresa.
  • O límite máximo incrementarase en 1.000 € para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa polo menos igual á masculina.

Subliña II.2. Incentivos económicos para o fomento da flexibilidade horaria:

  • As axudas consistirán nun incentivo de 8.000 € por empresa solicitante.
  • O límite máximo incrementarase en 1.000 € para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa polo menos igual á masculina.

Subliña II.3. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo:

  • As axudas consistirán nunha subvención de ata o 80% do investimento, co tope de 1.500 € por persoa traballadora beneficiada e co límite máximo de 20.000 € por empresa, nos seguintes elementos tecnolóxicos: computador persoal, medios materiais para o acceso a internet e aqueles periféricos necesarios para as tarefas que se vaian desenvolver (webcam, impresora, escáner…).
  • A axuda verase incrementada nun 10% para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa, cando menos, igual á masculina.

Liña III: certificacións de RSE

  • O 80 % da totalidade dos custos da certificación obtida con máximo de 2.000 € por empresa.

PRAZO

Desde o 7 de febreiro ata o 6 de marzo de 2024.

INFORMACIÓN ADICIONAL A TER EN CONTA

  • Estas subvencións están sometidas ao réxime de axudas de minimis.
  • Quedan excluídas as empresas que xa fosen beneficiarias destas axudas en convocatorias anteriores.
  • No caso da liña I quedan excluídas aquelas empresas de consultoría ou asesoría que teñan entre as súas actividades o asesoramento na elaboración e implantación de plans de igualdade ou a formación en igualdade.
  • As empresas deberán manter o número mínimo de persoas traballadoras esixido para cada liña durante o período establecido: desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2024.
  • Estas axudas outorgaranse por concorrencia competitiva, é dicir segundo os criterios de valoración establecidos na propia orde.

MÁIS INFORMACIÓN

ORDE do 15 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede ásúa convocatoria para o ano 2024

CÓDIGO DE PROCEDEMENTO:

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *