Aberto o prazo para a solicitude de subvencións da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento de emprego en cooperativas e sociedades laborais. Este programa conta con dous programas de axudas:
- Programa I: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.
- Programa II: fomento do acceso á condición de persoa social.
PROGRAMA I: FOMENTO DO EMPREGO EN COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS.
Persoas beneficiarias:
Poderán solicitar esta axuda as cooperativas e sociedades laborais que incorporen como persoas socias traballadoras ou de traballo con carácter indefinido, en centros de traballo situados en Galicia, ás seguintes persoas:
- Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego.
- Persoas que estean vinculadas á cooperativa ou sociedade laboral por un contrato de traballo fixo descontinuo.
- Persoas que sexan socias a proba da cooperativa a que se incorporan, sempre e cando estiveren desempregadas e inscritas como demandantes de emprego no momento de incorporarse como tales persoas socias a proba.
- Persoas que sexan asalariadas dunha empresa que se transforme nunha cooperativa ou sociedade laboral, sempre que non teñan a condición de socias da empresa transformada.
Tamén poderán acollerse a estas subvencións as cooperativas e sociedades laborais que incorporen como persoas socias traballadoras ou de traballo a proba, a persoas menores de 30 anos (de 35 anos cando se trate de persoas con discapacidade) en centros de traballo situados en Galicia.
Contía da axuda:
Axuda de 6.000 €, con carácter xeral.
Esta contía incrementarase nas porcentaxes que se sinalan a seguir, que son acumulables entre si:
- Un 25% se a persoa incorporada é unha muller.
- Un 25% se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.
- Un 25% se a persoa incorporada ten unha discapacidade con especiais dificultades para a súa inserción laboral.
- Un 25% se a persoa incorporada maior de 45 anos.
- Un 25% se a persoa incorporada ten a condición de emigrante retornada.
- Un 25% se a persoa ten a condición de trans.
- Un 25% no caso de que o centro de traballo a que se incorpora a persoa socia estea situado nun concello rural.
- Un 25% no caso dunha cooperativa xuvenil.
- Un 25% se se trata dunha entidade de nova creación constituída inicialmente con catro ou máis persoas socias traballadoras.
Por cada mozo ou moza incorporada como persoa socia traballadora ou de traballo a proba, a subvención ascenderá a 600 € ao mes, por un período de entre 6 e 12 meses.
Cando a dedicación sexa a tempo parcial ou en condición de fixo descontinuo a contía dos incentivos reducirase ao 50%.
PROGRAMA II: FOMENTO DO ACCESO Á CONDICIÓN DE PERSOA SOCIAL.
Persoas beneficiarias:
Axuda para as persoas que se incorporen como socias traballadoras ou de traballo, con carácter indefinido, dunha cooperativa ou sociedade laboral que desenvolva a súa actividade nun centro de traballo situado en Galicia e que no momento da súa incorporación cumpran algunha das condicións seguintes:
- Estar desempregadas inscritas como demandantes de emprego.
- Ser persoas socias a proba da cooperativa á cal se incorporan.
- Ser persoas asalariadas da cooperativa ou sociedade laboral á cal se incorporan.
- Ser persoas asalariadas dunha empresa que se transforme nunha cooperativa ou sociedade laboral, sempre que non teñan a condición de socias da empresa transformada.
- Ser persoas socias traballadoras ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral a tempo parcial que accedan á mesma condición a tempo completo.
Tamén poderán recibir axuda as persoas que, estando desempregadas e inscritas como demandantes de emprego, emprendan unha actividade por conta propia e se incorporen nunha cooperativa como persoas socias con carácter indefinido, con compromiso de exclusividade, sempre que teñan o seu domicilio social e fiscal en Galicia.
Para ser subvencionable, a incorporación como persoa socia na cooperativa deberá producirse entre o 1 de outubro de 2023 e o 30 de setembro de 2024. Entre o inicio da actividade por conta propia e a dita incorporación non poden ter transcorrido máis de dous anos.
Contía da axuda:
A contía da axuda para o fomento do acceso á condición de persoa socia será de ata 6.000 €, co límite do importe da achega social ou cota de ingreso realizada, cando cumpran algunha das condicións seguintes:
- Ser persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego.
- Ser persoas socias a proba da cooperativa á cal se incorporan.
- Ser persoas asalariadas da cooperativa ou sociedade laboral á cal se incorporan.
- Ser persoas asalariadas dunha empresa que se transforme nunha cooperativa ou sociedade laboral, sempre que non teñan a condición de socias da empresa transformada.
A contía será de ata 3.000 €, no caso de persoas socias traballadoras ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral a tempo parcial que accedan á mesma condición a tempo completo.
As contías sinaladas nos puntos anteriores incrementaranse nas porcentaxes que se sinalan a seguir, que son acumulables entre si:
- Un 25% se a persoa beneficiaria é unha muller.
- Un 25% se a persoa beneficiaria ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.
- Un 25% se a persoa incorporada ten unha discapacidade con especiais dificultades para a súa inserción laboral.
- Un 25% se a persoa beneficiaria ten máis de 45 anos.
- Un 25% se a persoa beneficiaria ten a condición de emigrante retornada.
- Un 25% se a persoa ten a condición de trans.
- Un 25% no caso de que o centro de traballo a que se incorpora a persoa socia estea situado nun concello rural.
- Un 25% se se trata dunha cooperativa xuvenil.
- Un 25% se se trata dunha entidade de nova creación constituída inicialmente con catro ou máis persoas socias traballadoras.
Cando a dedicación sexa a tempo parcial ou en condición de fixo descontinuo a contía dos incentivos reducirase ao 50%.
Prazo:
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 2 de febreiro ata o 16 de setembro de 2024.
Serán subvencionables as incorporacións realizadas entre o 1 de outubro de 2023 ata o 30 de setembro de 2024. Igualmente considérase gasto subvencionable o que estea efectivamente pagado no período comprendido entre o 1 de outubro de 2023 ata o 30 de setembro 2024.
INFORMACIÓN ADICIONAL A TER EN CONTA
Estas axudas quedan sometidas ao réxime de minimis.
Deberase manter o incremento do emprego fixo e do número de persoas socias traballadoras ou de traballo indefinidas da cooperativa ou sociedade laboral beneficiaria da subvención, respecto á media dos últimos doce meses anteriores á incorporación dos novos socios e socias por quen se percibe a subvención polo menos durante un período de dous anos desde a data de incorporación das novas persoas socias traballadoras ou de traballo.
As axudas concederanse por orde de presentación de solicitudes (considerando a data na que se teña presentado a documentación completa requirida nas bases), ata o esgotamento de crédito.
MÁIS INFORMACIÓN
CÓDIGOS DE PROCEDEMENTO:
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.