Até o 31 de xaneiro podes participar en Incuvi-Emprende

Até o 31 de xaneiro estás a tempo de participar nos Premios INCUVI-Emprende da Universidade de Vigo. O obxectivo desta convocatoria, que xa alcanza a súa sétima edición, é o fomento do espírito emprendedor entre estudantes actuais e persoas tituladas pola Uvigo no 2014-15 ou posteriores anos.  

O premio de INCUVI-Emprende ofrece durante un ano de duración a incorporación a un programa en que se desenvolverán actividades formativas e de asesoramento e titorización dos proxectos, así como a subvención, durante o mesmo período, dos custos de estadía nun espazo de traballo na preincubadora do campus correspondente da Uvigo.

Os proxectos poderán ser elaborados individualmente ou en grupos dun máximo de 4 persoas, e deben ser orixinais e a súa autoría corresponderá á persoa ou persoas que os presentan.

As preicubadoras están en:

  • Campus de Vigo, 6 espazos
  • Campus de Ourense, 4 espazos
  • Campus de Pontevedra, 2 espazos

A selección dos proxectos gañadores producirase en tres fases:

  1. Entrevista persoal.
  2. Obradoiro de ideas.
  3. Pitch ante comisión de selección.

Consulta toda a información sobre INCUVI-Emprende así como as bases e documentación requerida en http://emprego.uvigo.es/emprego_gl/emprendemento/incuvi/

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *