A través desta convocatoria de axudas, o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) pretende dar difusión e poñer en valor os principais instrumentos dos que dispón o consumidor á hora de comprar un vehículo eficiente enerxeticamente e respectuoso co medio ambiente. Ademais, búscase substituír os vehículos de certa antigüidade por vehículos novos eficientes, permitindo así a mellora da eficiencia enerxética no sector do transporte e da calidade do aire nas cidades.
Beneficiarios
As persoas físicas, as empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos ,que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
Non poderán ter a condición de beneficiarias os concesionarios ou puntos de venda cuxa epígrafe da sección primeira das tarifas do imposto sobre actividades económicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 1175/1990, do 28 de setembro, sexa o 615.1 ou o 654.1.
Vehículos subvencionables
Será subvencionable a adquisición de vehículos novos que cumpran os requisitos de emisión indicados na táboa inferior e teñan un custo inferior ou igual a 42.000,00 € (impostos incluídos); este límite de custo amplíase a 47.000,00 € (impostos incluídos) para vehículos eléctricos con autonomía maior a 30 km en modo eléctrico, e en 6.000,00 € adicionais cando se trate dun vehículo adaptado para a condución de persoas con discapacidade ou se dispón de 8 ou 9 prazas.
Unha persoa física só poderá adquirir un único vehículo M1 ou N1. Un autónomo ou empresa poderá adquirir un máximo de dez vehículos.
Contía de axuda
Prazo de solicitude
Rematará o 30 de setembro de 2025 ou cando se esgoten os fondos.
Información adicional
- Para acceder á subvención, será requisito imprescindible que o adquirinte titular do vehículo subvencionable acredite a baixa definitiva en circulación dun vehículo que se vai achatarrar.
- As solicitudes presentaranse a través dos concesionarios de automóbiles, que actuarán como entidades colaboradoras.
- Axudas en réxime de mínimis
- As subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria serán incompatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais
Máis información
Acceder ao procedemento de tramitación:
- Código de procedemento IN421U
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.