BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:
- Que cumpran coa definición de peme.
- Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia, e que teñan no devandito centro, antes da solicitude de axuda, polo menos tres traballadores por conta allea.
- Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización, deberá facerse antes do final do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.
- Que estean ao día nas súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.
- Que teñan capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
GASTOS SUBVENCIONABLES
Para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido poderán ser subvencionables os conceptos seguintes:
- Gastos subvencionables para accións de difusión:
- O límite máximo de gasto subvencionable para accións de difusión é de 8.000 € por solicitude de axuda
- Só se subvencionarán os gastos de compra de espazos publicitarios e insercións en medios de comunicación.
- Só se subvencionarán os gastos de deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución, e impresión de material promocional para a súa difusión nos mercados estranxeiros.
- Gastos subvencionables para accións de promoción:
- Os importes dos incentivos establecidos como sumas a tanto global calculáronse mediante un método xusto, equitativo e verificable, tomando como referencia os datos contables históricos facilitados polos beneficiarios relativos aos custos subvencionables pola participación en feiras ou outros eventos expositivos
- Ademais, para efectos de implementar o disposto na Estratexia de internacionalización de Galicia 2021-2025, resultan de aplicación os índices correctores á suma a tanto global fixada (9.627,65 €), en función das diferentes áreas xeográficas de interese
- No caso de accións (feiras e eventos expositivos) con participación presencial:
- Gastos de viaxe das persoas da empresa solicitante á cidade de celebración do evento.
Gastos de aloxamento das persoas da empresa no lugar de celebración do evento en que se participa. - Gastos de: alugueiro de espazos e servizos relacionados co devandito alugueiro; alugueiro de posto físico; construción, montaxe e desprazamento do posto; decoración do posto; alugueiro de mobiliario; contratación de persoal de apoio como intérpretes, modelos ou azafatas.
- Gastos de viaxe das persoas da empresa solicitante á cidade de celebración do evento.
- No caso de participación en accións virtuais:
- Subvencionaranse gastos de alugueiro de posto virtual e dos servizos relacionados co alugueiro; gastos de intérpretes, e as cotas de participación en feiras e eventos expositivos virtuais (ata 4 persoas por empresa)
- O límite máximo deste gasto: 1.500 € por evento
- 1º. Gastos de servizos de consultoría para seguimento de contactos iniciais ou clientes anteriores. O límite máximo deste gasto: 2.000 € por solicitude.
- Gastos de alugueiro de locais no estranxeiro con fins promocionais no mercado obxectivo durante o período de execución establecido na resolución de concesión. O límite máximo de gasto subvencionable é de 15.000 € por solicitude.
Serán subvencionables os gastos incurridos desde o 1 de xaneiro de 2022, ben que o proxecto para o cal se solicita a axuda non poderá estar executado integramente no momento de presentar a solicitude de axuda. Os gastos efectuados e pagados previamente ao 1 de xaneiro de 2022 non serían subvencionables, agás os exixidos en concepto de reserva para accións que se realizarán no exercicio 2022 e 2023.
CONTÍA MÁXIMA
A subvención será do 70 % dos gastos relacionados agás no caso de accións de participación presencial en feiras e eventos expositivos, nas cales as intensidades de axuda e importes de subvención variarán segundo a área xeográfica en que se desenvolva a acción.
Para as accións incluídas nesta convocatoria a subvención máxima será de 91.000 € por solicitude e beneficiario (gasto subvencionable máximo de 130.000€).
PRAZO
O prazo de presentación de solicitudes remata o 24 de maio do 2022, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
MÁIS INFORMACIÓN
Para máis información podes consultar a RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a internacionalización dixital das empresas galegas (Galicia Exporta Dixital 2022), financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 ou acceder á Sede Electrónica da Xunta (IG622A).