Este programa ten como finalidade apoiar a consolidación das entidades da economía social, así como reforzar a súa presenza no tecido económico de Galicia, con especial incidencia na transformación dixital e na mellora da eficiencia enerxética, contribuíndo ao impulso da súa actividade económica, incrementando a súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade.
Entidades beneficiarias e requisitos
- Entidades da economía social de Galicia: sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego. Estas entidades deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Figurar inscritas como tales nos correspondentes rexistros administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ter presentados as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil, no Rexistro de Cooperativas ou no Rexistro de Fundacións, segundo corresponda á súa forma xurídica.
- No caso de centros especiais de emprego que teñan forma xurídica de asociación, deberán ter aprobados o balance e a conta de resultados pola súa asemblea xeral.
- Acreditar unha antigüidade de 42 meses na data da solicitude.
- Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
- Estar ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social.
- Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias:
- As entidades en que concorran as circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- As entidades que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46.bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Conceptos subvencionables
- Equipamento informático.
- Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.
- Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.
- Mellora na eficiencia enerxética.
- Adquisición de equipamento.
- Reforma do local de negocio.
- Mobiliario.
- Obtención de certificacións de calidade.
- Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
- Plan de Protección de datos.
- Elementos de transporte.
- Actividades formativas para as persoas socias da entidade solicitante que estean dadas de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA).
Os servizos descritos nos números 3, 8, 9, 10 e 12 deberán estar implantados ou realizados no período de execución.
Todos os investimentos deberán estar destinados aos centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Contía
A contía da axuda será equivalente ao 90% do custo total dos gastos subvencionables, cos límites seguintes:
- 5.000 € para cada un dos gastos incluídos nos conceptos 3, 8, 9 e 10 do artigo 6.
- 600 € para cada actividade formativa das incluídas no concepto 12 do artigo 6, que realice cada persoa socia da entidade que estea de alta no réxime especial de traballadores autónomos.
O límite máximo das axudas establécese en 30.000€ por cada entidade solicitante. No caso de que se solicite unha contía superior, concederase de acordo coa orde de prelación establecida no artigo 6.
Prazo
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 15 de setembro de 2023 ou ata o esgotamento do crédito.
No suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgote o crédito establecido na convocatoria, o órgano concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web da Consellería.
Máis información e acceso ao procedemento de solicitud
Acceder ao procedemento de tramitación:
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.