CERTAME NACIONAL DE MOZOS/AS EMPRENDEDORES/AS

A finalidade deste certame é apoiar a mozos que lideran proxectos innovadores e viables, de empresas xa constituídas, cunha antigüidade máxima de tres anos e mínima dun na data límite da presentación das solicitudes, con independencia do sector no que se promovan.

BENEFICIARIOS

Poderán acceder a este certame:

  • Mozos de nacionalidade española e aqueles con residencia legal en España, persoas físicas ou xurídicas.
  • Cando se trate de persoas físicas estas deben ter residencia legal e permiso de traballo en España, e que non superen a idade de 35 anos na data límite da presentación das solicitudes.
  • Cando o proxecto sexa realizado por unha persoa xurídica, a solicitude debe ser presentada polo representante legal da devandita persoa xurídica, quen en ningún caso debe superar os 35 anos. Así mesmo, o capital social debe pertencer maioritariamente (51%) a mozos que non superen os 35 anos

O domicilio social e o ámbito de realización da actividade principal do proxecto que se presente deben estar, en todo caso, en territorio español.

CRITERIOS DE VALORACIÓN

O Certame ten como finalidade apoiar proxectos innovadores, polo que só se considerarán aqueles que acheguen ese carácter.
O compoñente de innovación defínese a continuación, podendo incorporar o proxecto algún ou varios destes aspectos:

  • Innovación de produto: introdución dun ben, produto ou servizo novo ou cun alto grao de mellora, respecto a as súas características ou o seu uso desexado.
  • Innovación de proceso: Implantación dun método de produción ou distribución novo ou cun alto grao de mellora.
  • Innovación de márketing: Implantación dun novo método de comercialización que entraña importantes melloras no deseño do produto ou na súa presentación, ou na súa política de posicionamento, promoción ou prezo.
  • Innovación organizacional: Implantación dun novo método de organización aplicado ás prácticas de negocio, ao lugar de traballo ou as relacións externas da empresa.

Os proxectos que cumpran o carácter innovador serán valorados pola Comisión de Avaliación, a través dos seguintes criterios de valoración:

  • O modelo de negocio, sustentabilidade e potencialidade de crecemento (ata 10 puntos).
  • Resultados económicos relevantes, tanto os obtidos ata o momento como os esperados nos próximos anos (ata 10 puntos).
  • O carácter innovador e orixinal do proxecto e o uso das novas tecnoloxías (ata 10 puntos).
  • A creación de emprego (ata 5 puntos).
  • Prospección, apertura e presenza en mercados internacionais (ata 5 puntos)

COMPATIBILIDADE

As axudas reguladas na presente orde serán compatibles coa percepción doutras axudas, subvencións, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da UE ou de organismos internacionais.

Os adxudicatarios doutras edicións do Certame Nacional de Mozos Emprendedores non poderán presentarse de novo a ningunha convocatoria deste.

CONTÍA

A dotación económica da axuda para cada un dos dez primeros seleccionados é de 20.000€.

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes remata o 13 de xullo de 2022, sendo un procedemento de concorrencia competitiva.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes consultar a Orden SSI/1449/2015, de 13 de julio, por la que se establecen las bases reguladoras del Certamen Nacional de Jóvenes Emprendedores e o Extracto de la Resolución de 1 de junio de 2022 de la Dirección General del Instituto de la Juventud por la que se convoca las ayudas del Certamen Nacional de Jóvenes Emprendedores

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *