BONO ENERXÍA PEME

Concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a realización de proxectos de mellora enerxética, destinadas a pemes e autónomos con actividade económica no campo do comercio, hostalería, artístico-recreativa e outros servizos, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos (IN417Z)

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as seguintes seccións do CNAE 2009:

  • Sección G: comercio por xunto e polo miúdo, divisións 45 a 47 incluídas.
  • Sección I: hostalaría, divisións 55 a 56 incluídas.
  • Sección R: actividades artísticas, recreativas e de entretemento, divisións 90 a 93 incluídas.
  • Sección S: outros servizos, só as divisións 95 e 96.

LIÑAS DE AXUDA

  • Bono envolvente
  • Bono iluminación
  • Bono instalacións eléctricas
  • Bono equipamento
  • Bono climatización
  • Bono inmótica

GASTO SUBVENCIONABLE

Serán gastos subvencionables:

  • Os custos de investimento necesarios para a consecución dunha ou varias das diferentes tipoloxías de mellora enerxética definidas no artigo 2 das bases reguladoras.
  • A realización do proxecto, a dirección de obra, a adquisición e instalación dos equipamentos, obra civil, soportes e proteccións, tanto eléctricas como mecánicas, así como calquera outro elemento necesario para o correcto deseño e funcionamento da instalación reformada

O investimento mínimo para que as actuacións sexan subvencionables debe ser de 1.000 euros por solicitude, sen incluír o IVE.

CONTÍA

  • A contía da subvención será do 80 % do custo elixible da actuación.
  • Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima de 6.000 euros por solicitude.
  • O importe total das axudas de minimis concedidas a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais, de 100.000 euros cando se trate de empresas de transportes de mercadorías por estrada por conta allea, de 30.000 euros para empresas do sector da pesca e da acuicultura e de 20.000 euros para empresas do sector agrícola

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 31 de agosto de 2022.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes consultar as bases na RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes con actividade de comercio, hostalaría, artístico-recreativas e outros servizos (programa Bono enerxía peme), anualidade 2022, ou na Sede Electrónica da Xunta (IN417Z)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *