BONO CONSOLIDA ECONOMÍA SOCIAL GALICIA

Establécense as bases reguladoras do Programa de apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social, e proceder á súa convocatoria para a anualidade 2022

O Bono Consolida Economía social ten como finalidade apoiar a consolidación das entidades da economía social, así como reforzar a súa presenza no tecido económico de Galicia, con especial incidencia na transformación dixital e na mellora da eficiencia enerxética

BENEFICIARIOS

Poderanse acoller ás subvencións as seguintes entidades:

  • Sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego
  • Figurar inscritas como tales nos correspondentes rexistros administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia
  • Ter presentado as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil, no Rexistro de Cooperativas ou no Rexistro de Fundacións, segundo corresponda á súa forma xurídica.
  • No caso de centros especiais de emprego que teñan forma xurídica de asociación, deberán ter aprobado o balance e a conta de resultados pola súa asemblea xeral
  • Acreditar unha antigüidade de 42 meses na data de solicitude.
  • Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda
  • Estar ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social para obter subvencións.
  • Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.

GASTOS SUBVENCIONABLES

Poderán ser gastos subvencionables:

  • Equipamento informático.
  • Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web
  • Márketing, comunicación ou relanzamento comercial
  • Mellora na eficiencia enerxética
  • Adquisición de equipamento.
  • Reforma do local de negocio.
  • Mobiliario
  • Obtención de certificacións de calidade
  • Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade
  • Plan de protección de datos

CONTÍA DAS AXUDAS

A contía do Bono consolida economía social Galicia será equivalente ao 80 % do custo total dos gastos subvencionables, cos límites seguintes:

  • 3.000 € para cada un dos gastos incluídos no apartado 3,8,9 e 10 dos gastos subvencionados.
  • O límite máximo das axudas establécese en 20.000 € por cada entidade solicitante

PRAZO

O prazo máximo para presentar as solicitudes remata o 30 de setembro de 2022

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes consultar a ORDE do 13 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2022 ou a Sede Electrónica da Xunta (TR802L)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *