BONO ACTIVA RURAL (AXUDAS LEADER 2025)

Se es unha persoa emprendedora con ganas de poñer en marcha un negocio no rural galego, o Bono Activa Rural que ven de convocar AGADER pode ser o impulso que necesitas. Trátase dunha axuda directa destinada a apoiar a creación de novas actividades non agrarias en concellos rurais, sen necesidade de xustificar gastos.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) convoca para o 2025 as axudas ao abeiro da Intervencion Leader, cofinanciadas co Feader no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC), que serán xestionadas polos Grupos de de Desenvolvemento Rural (GDR) exisentes en Galicia.

Dentro das distintas liñas de axudas previstas no marco da Intervención Leader, como novidade este ano, inclúese o Bono activa rural, unha subvención que se basea nun importe de axuda a tanto global destinado á creación e posta en marcha de actividades non agrarias en zonas rurais. A axuda non estará vinculada á xustificación de ningún gasto ou investimento, senón que se vincula ao mantemento da actividade e ao cumprimento do plan empresarial presentado pola persoa seleccionada durante polo menos 5 anos, contados desde a data da alta censual. Trátase dunha oportunidade pensada para quen quere emprender no rural con estabilidade e visión de futuro.

Beneficiarios  

Persoas físicas que se dean de alta como autónomas e xeren unha actividade empresarial individual, xerando o seu propio posto de traballo.

Requisitos adicionais:

  • Que non estiveran de alta na mesma actividade nos últimos 3 anos.
  • Manter a actividade e cumprir o plan empresarial presentado durante 5 anos desde a alta censual.
  • O plan debe demostrar viabilidade económica e técnica, segundo as condicións de mercado.

Actividades  subvencionables

Subvencionaranse, ao abeiro desta convocatoria, a posta en marcha de actividades non agrarias en zonas rurais, tendo en conta que:

  • Non se require xustificar gastos ou investimentos concretos.
  • A axuda baséase no mantemento da actividade e cumprimento do plan empresarial.
  • Os proxectos compiten cos demais de natureza produtiva da convocatoria.

Contía das axudas

A axuda será dun máximo de 18.000 € e pagarase en 2 anualidades.

Prazo

O prazo de solicitudes está aberto dende o  1 de maio de 2025 ata o 30 de maio de 2025.

Máis información

Consulta a RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2025 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección, do 10 de abril de 2025, polo que se aproban as bases reguladoras das axudas para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas que se tramiten ao abeiro da Intervención Leader, cofinanciadas co Feader no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC), e se anuncia a convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento MR701L).

Acceder ao procedemento de tramitación: código de procedemento MR701L

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 423 366 ou ben directamente coa Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural – GDR14, que é a que xestiona as axudas na área de Vigo-Baixo Miño, no teléfono 986 443 030

Este resumo ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *