AXUDAS PARA PRÉSTAMOS PREVISTOS NO INSTRUMENTO FINANCEIRO PRÉSTAMOS PEMES

O obxeto é poñer á disposición das pemes liñas de financiamento directo que melloren o seu acceso ao crédito e faciliten a execución de proxectos de investimento na CCAA de Galicia, convocando un programa de préstamos dirixido a proxectos innovadores, para os que as incertezas e riscos de implantación característicos deste tipo de proxectos, xunto co seu especial interese na competitividade do tecido produtivo, fan máis intensa a necesidade de apoio público (IG534C).

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarias as pequenas, medianas ou microempresas e as persoas físicas e as sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os seguintes requisitos:

  • Realizar unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Cumprir as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de produto financeiro, conforme os requisitos que se detallan no anexo I.
  • Achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25% do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.

ACTIVIDADES FINANCIABLES

O Igape poderá financiar proxectos empresariais viables que se vaian implantar na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran, ademais, os requisitos específicos para cada modalidade de produto.

Os investimentos para financiar non poderán terse concluídos nin executados integramente na data da resolución da solicitude de préstamo. Serán financiables os investimentos e gastos que cumpran os requisitos das bases, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude e dentro do prazo concedido para a execución do proxecto.

GASTOS SUBVENCIONABLES

  • Activos fixos materiais: adquisición dos activos fixos materiais necesarios para acometer o proxecto, tales como terreos, obra civil, adquisición de inmobles, bens de equipamento, elementos de transporte especial e mobiliario. O importe financiable en concepto de terreos non poderá superar o 10 % do importe do préstamo.
  • Activos intanxibles: aplicacións informáticas e adquisición de propiedade intelectual e industrial, incluíndo licenzas de fabricación e patentes, gastos de I+D+i e outros activos intanxibles ligados a proxectos de innovación tecnolóxica, que deberán cumprir, ademais, todas estas condicións:
    • Empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda.
    • Consideraranse activos amortizables.
    • Adquiriranse a terceiros en condicións de mercado.
    • E deberán figurar no activo da empresa.
  • Gastos de desenvolvemento e innovación, que terán, para estes efectos, a consideración de activo inmaterial, aínda que contablemente teñan a consideración de gasto corrente, por non cumprirse as condicións para a súa activación previstas nas normas particulares sobre o inmobilizado intanxible recollidas no vixente Plan xeral de contabilidade, por canto unha vez finalizado o prazo para xustificar o proxecto poidan non presentarse motivos fundados de éxito técnico e rendibilidade económico-comercial.
  • Capital de explotación: cos requisitos e condicións establecidos para cada modalidade de préstamo.
  • Exclúense impostos, taxas e arbitrios, a excepción do IVE do investimento.
  • Non serán subvencionables as contribucións en especie.

COMPATIBILIDADE

A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Igape tan pronto como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa do proxecto realizado. En todo caso, antes de conceder o préstamo, solicitarase da empresa unha declaración escrita ou en soporte electrónico, sobre calquera axuda de minimis recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso. O incumprimento do anterior poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

CONTÍA DO PRÉSTAMO

As operacións financeiras concedidas inclúen unha axuda implícita, equivalente ao aforro da carga financeira que supón para a beneficiaria respecto dunha operación alternativa que poderían obter no mercado financeiro.

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro do 2022.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes consultar as bases na RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia non competitiva ou na Sede Electrónica da Xunta (IG534C).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *