AXUDAS PARA PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS E MICROEMPRESAS CON ACTIVIDADES PARALIZADAS POLA COVID-19

A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas e microempresas, especialmente paralizadas, para facer fronte á situación económica motivada pola pandemia da COVID-19, que contribúa ao mantemento da actividade económica e do emprego.

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarias das axudas:

  • As persoas traballadoras autónomas de alta no RETA como persoas traballadoras por conta propia.
  • As comunidades de bens ou sociedades civís.
  • As microempresas e os mutualistas, sempre que estean de alta ou en situación asimilada, que teñan o seu domicilio fiscal en Galicia, que tivesen unha alta anterior ao 1 de xaneiro de 2019 e que acrediten unha baixada de facturación de, polo menos, o 65 % nos termos establecidos
  • As persoas traballadoras autónomas de tempada que estean de alta no momento da presentación da súa solicitude e estivesen de alta un mínimo de catro meses e un máximo de nove meses no ano 2019.

REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS

  • Estar de alta ou situación asimilada no réxime da Seguridade Social correspondente (no RETA, ou na mutualidade correspondente) ou se é unha persoa autónoma de tempada que está de alta no momento da solicitude.
  • Ter o domicilio fiscal en Galicia.
  • Baixada de facturación de, polo menos, un 65 % no ano 2021 en comparación co ano 2019.
  • Ter facturado un mínimo de 4.000 euros no ano 2019, o cal deberá acreditar documentalmente segundo..
  • Non estar incursa en ningunha das circunstancias que prohiben obter a condición de persoa beneficiaria segundo o establecido nesta orde.
  • Declaración de calquera outra axuda temporal relativa aos mesmos gastos subvencionables que, en aplicación do Marco nacional temporal, ou en aplicación da comunicación da Comisión Marco Temporal relativa ás medidas de axuda estatal destinadas a apoiar a economía no contexto do actual gromo da COVID-19, recibise durante o exercicio fiscal en curso.
  • Que se trate de empresas ou persoas autónomas que non están en crise e/ou empresas ou persoas autónomas que non estaban en crise o 31 de decembro de 2019.

CONTÍA

O importe das axudas está en función da facturación que se acredite no ano 2019 e conforme ao seguinte:

  • Facturación superior a 30.000 €: 12.000 €.
  • Facturación superior a 20.000 € e ata 30.000 €: 8.000 €.
  • Facturación superior a 12.000 € e ata 20.000 €: 6.000 €.
  • Facturación superior a 8.000 € e ata 12.000 €: 4.000 €.
  • Facturación superior a 5.000 € e ata 8.000 €: 2.000 €.
  • Facturación igual ou superior a 4.000 € e ata 5.000 €: 1.000 €.

Para os autónomos de tempada, os importes reduciranse ao 50 %

INCOMPATIBILIDADES

  • As axudas previstas nesta orde serán compatibles coas demais axudas que poidan outorgar as administracións públicas, sempre e cando se respecten os límites establecidos no Marco temporal e na normativa xeral de subvencións.
  • As persoas beneficiarias teñen a obriga de comunicarlle ao órgano concedente a solicitude e concesión doutras axudas para a mesma finalidade.

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes remata o 3 de xuño de 2022.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes consultar a ORDE do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa extraordinario das persoas traballadoras autónomas e microempresas con actividades especialmente paralizadas pola crise da COVID-19, financiadas parcialmente con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19 ou a Sede electrónica da Xunta (TR760A)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *