Dirixido os/as autónomos/as e as pequenas empresas (sociedades mercantís, cooperativas, asociacións e outras entidades con personalidade xurídica propia e as sociedades civís, comunidades de bens e outras entidades sen personalidade xurídica), que realicen unha actividade económica e teñan menos de 42 meses de antigüidade de alta na actividade na data da solicitude da axuda.
Subvención en réxime de concorrencia competitiva.
Requisitos:
– Técnica, económica e financeiramente viables.
– Proxectos completos, é dicir, a realización dos gastos e investimentos subvencionables debe dar como resultado a posta en marcha da actividade ou a súa ampliación.
– Deben desenvolverse en Galicia.
– Axuda solicitada debe supoñer un efecto incentivador para o proxecto.
– Ningún dos custos incluídos na solicitude de axuda poderá estar realizado nin comprometido antes da presentación da solicitude de axuda no Igape.
A subvención a fondo perdido será do 80% dos custos subvencionables ata un máximo de 400.000 euros.
Prazo de solicitude ata o 22 de febreiro de 2021
Mais información nesta ligazón