AXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DE CASAS NIÑO

Apróbanse as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas para a posta en marcha de proxectos durante os anos 2022, 2023, 2024 e 2025, destinados á atención de nenas e nenos de ata tres anos de idade, mediante o establecemento dunha casa niño, nos núcleos rurais do territorio da CCAA de Galicia nos que non exista ningún outro recurso de atención continuada á infancia de ata 3 anos de idade.

CARACTERÍSTICAS DO PROXECTO

  • A casa neno ofrecerá unha atención integral e personalizada a nenos e nenas en idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos, a cal comprenderá a atención específica das súas necesidades básicas de alimentación, hixiene e descanso de acordo coa súa idade e a contribución ao seu desenvolvemento físico, motor, afectivo, intelectual e social.
  • Este proxecto desenvolveranse con carácter gratuíto na modalidade de atención diúrna e de luns a venres durante todo o ano, agás os días festivos, o día 24 e 31 de decembro e un mes de cada doce, no que a casa niño permanecerá pechada por vacacións.
  • Salvo as excepcións contidas no número anterior, o proxecto debe manterse en funcionamento ininterrompidamente durante todo o ano polo que é necesario contar cunha persoa que substitúa a persoa titular da casa niño no caso de enfermidade ou calquera outro motivo de ausencia temporal desta, agás causas imprevisibles e inevitables.
  • A atención prestada comprenderá o servizo de cociña, entendendo por este o quentado de alimentos, a hixiene dos nenos e nenas e o desenvolvemento de actividades de tipo educativo, como obradoiros e xogos e acompañamento no xogo libre. En todo caso serán achegados polas familias tanto o leite e alimentos xa cociñados como o material de hixiene, tales como cueiros, toalliñas ou cremas.
  • As familias poderán levar aos nenos e nenas un máximo de 8 horas diarias nun horario flexible que se pactará co/a profesional que desenvolva o proxecto. Tamén se pactará coas familias un mes ao ano, ou parte proporcional ao período de desenvolvemento do proxecto, no que a casa niño permanecerá pechada por vacacións.
  • Cada casa neno terá un máximo de 5 prazas. No caso de integrarse nenos e nenas con necesidades específicas de apoio educativo, en ningún caso poderá haber máis dun/dunha neno/a por casa. Para os efectos da ratio estas prazas contabilizaranse como dúas.
  • Os nenos e nenas que acudan á casa niño deberán estar, en todo caso, empadroados/as no concello no que esta se sitúe ou nun limítrofe onde non existan recursos de atención á infancia de ata tres anos de idade ou, de existir, que os/as nenos/as estean en lista de agarda e acreditar o cumprimento do calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación.
  • No suposto de que haxa unha demanda de prazas superior ás que se ofertan, terán prioridade os/as fillos/as das persoas titulares das casas niño, e de seguido, se as houber, os/as fillos/as de mulleres vítimas de violencia de xénero empadroadas no concello no que se sitúe a casa niño ou nun limítrofe onde non existan recursos de atención á infancia de ata tres anos de idade, a continuación as de irmáns/ás de nenos e nenas que xa están asistindo á casa niño e as de nenos e nenas empadroados/as no concello, por esta orde.

BENEFICIARIOS

  1. Poderán ser beneficiarias destas axudas para poñer en marcha unha casa niño as persoas físicas que se establezan como empresarias autónomas e as cooperativas de traballo asociado que reúnan os seguintes requisitos:
  2. Estar en posesión, ou contar, cando menos, cunha persoa socia que o estea no caso de cooperativas de traballo asociado, de calquera das titulacións que se recollen a continuación, ou equivalentes, ou da formación ou experiencia seguintes:
    • Técnico/a superior en educación infantil.
    • Grao en mestre/a de educación infantil/educación primaria.
    • Grao en pedagoxía, psicoloxía ou educación social.
    • Diploma que acredite ter realizado o curso de formación integral ou o curso de formación complementaria para futuros/as profesionais das casas niño impartidos pola Xunta de Galicia.
    • Formación acreditada en áreas relacionadas coa atención á infancia e coidados infantís ou experiencia profesional acreditada neste ámbito.
  3. Residir nun núcleo rural no que non exista ningún recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade, ou facelo con anterioridade á posta en marcha do proxecto. Considéranse núcleos rurais do territorio os existentes nos concellos de menos de 5.000 habitantes e enténdese por recursos de atención continuada á infancia de ata 3 anos de idade as escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais, as escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, as escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais e as escolas infantís 0-3 dependentes das entidades privadas de iniciativa social que reciban axudas da Xunta de Galicia para mantemento do centro
  4. Contar cun inmoble nun núcleo rural no que non exista ningún recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade, ou dispoñer del con anterioridade á posta en marcha do proxecto. O dito inmoble estará dotado cos seguintes recursos, para os cales poderá pedir esta axuda.
  5. Dispoñer dun plan de actuación cos/coas nenos/as para atender eventuais emerxencias que se poidan producir na casa niño.
  6. Acreditar o estado de saúde cunha revisión médica anual. No caso de cooperativas de traballo asociado esta acreditación deberá estar referida á/ás persoa/s socia/s que desenvolvan o proxecto.
  7. Os requisitos establecidos nos apartados 1, 4 e 5 do punto anterior deberán acreditarse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. O resto de requisitos b) e c) previstos no punto anterior deberán acreditarse no prazo de dous meses desde a notificación da resolución de concesión, ampliable a tres para os supostos de constitución dunha cooperativa de traballo asociado. Todos os requisitos previstos no número 1 deberán manterse durante o período de permanencia da actividade. Respecto das cooperativas de traballo asociado, de non estar constituídas, no momento de presentación da solicitude deberán ter iniciado os trámites para a súa constitución.

TIPOS DE AXUDA E CONTÍAS

  • As axudas para gastos de investimento consistirán nunha subvención de ata o 100 % dos gastos realizados, cun límite máximo global por casa niño de 15.000 €.
  • A axuda polo desenvolvemento da actividade do proxecto consistirá nunha achega económica de 21.560 €/ano en forma de prima destinada a apoiar esta iniciativa emprendedora no inicio da súa andadura. Este importe minorarase proporcionalmente en función dos meses efectivos de desenvolvemento.

GASTO SUBVENCIONABLE

  1. Serán subvencionables ao abeiro desta convocatoria os gastos derivados das seguintes actuacións:
    a) A reforma e a adaptación do inmoble destinado a servir de casa neno.
    b) A prestación da atención personalizada de nenos e nenas de 0-3 anos.

PRAZO

O prazo de presentación das solicitudes será ata o 4 de abril de 2022.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información podes consultar a ORDE do 15 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2022, 2023, 2024 e 2025 ou a Sede Electrónica da Xunta (BS403C).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *