dixitalización e seguridade que garantan a viabilidade destes negocios e o acceso a servizos esenciais no medio rural.
As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva, en función dunha serie de criterios de valoración establecidos na orde (artigo 13), como as cifras de poboación, a viabilidade do proxecto, a tipoloxía dos investimentos, etc.
Beneficiarios
Pemes e empresarios autónomos que sexan titulares dunha estación de servizo situada nun concello galego con menos de 20.000 habitantes, cos seguintes requisitos:
- Figurar de alta na epígrafe 47.30 da CNAE-2025 (Comercio polo miúdo de combustible para automóbiles).
- Ter como mínimo 2 empregados/as contratados/as por conta allea con contratos indefinidos. Se se trata nun concello de menos de 2.000 habitantes, bastará con ter como mínimo 1 empregado/a con contrato indefinido ou que a persoa titular sexa empresario autónomo.
- A estación debe figurar inscrita no Rexistro de Instalacións de Distribución polo Miúdo de Produtos Petrolíferos Líquidos.
Os requisitos deberán cumprirse, como moi tarde, na data límite do prazo de presentación de solicitudes.
Actividades subvencionables
Poderán ser subvencionables as seguintes actuacións:
- Compra de equipamentos e software: sistemas e equipamentos dixitais para a mellora da xestión operativa da estación.
- A implantación de sistemas e equipamentos asociados ao pagamento na estación de servizo (TPVs, apps, tecnoloxía contactless, etc., así como servizo de retirada de diñeiro en efectivo).
- A integración de plataformas dixitais para optimizar a compravenda de produtos e servizos.
- A adquisición e/ou implantación de sistemas e equipamentos dirixidos a mellorar a seguridade da estación de servizo (sistemas de vídeo vixilancia, control de accesos, alarmas, SAIs asociados a equipos dixitais, grupos electróxenos que garantan a subministración de enerxía,…)
- Obras necesarias asociadas á instalación dos sistemas anteriores.
- Formación do persoal no uso das novas tecnoloxías.
Contía das axudas
En xeral, o importe da axuda será do 50 % do investimento subvencionable presentado, cun límite máximo por beneficiario de 30.000 €, sumando todas as actuacións subvencionables.
No caso de investimentos en grupos electróxenos para garantir a subministración de enerxía eléctrica na estación de servizo, a porcentaxe será do 80 % do custo elixible, cun máximo de 5.000 €, sempre sen superar o límite xeral de 30.000 € polo conxunto de actuacións.
Prazo
O prazo de solicitudes está aberto ata o 25 de agosto de 2025.
Máis información
Acceder á tramitación: código de procedemento IN519F
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
Este resumo ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír a información proporcionada nos documentos oficiais.