PERSOAS E ENTIDADES BENEFICIARIAS
O obxecto desta orde é regular os incentivos, para o ano 2023, á contratación indefinida inicial e a formación das persoas desempregadas contratadas polos autónomos con domicilio social e fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia co fin promover a consolidación do emprego autónomo e facilitar que as persoas autónomas poidan contratar persoal.
Serán subvencionables a través desta convocatoria as contratacións indefinidas iniciais formalizadas entre o 1 de outubro de 2022 e o 30 de setembro de 2023, incluídos os contratos fixos-discontinuos.
TIPOS DE AXUDAS E CONTÍAS
1.- Bono de incentivos á contratación:
Axuda para a contratación da primeira persoa traballadora indefinida da persoa autónoma: 8.000 €, se o contrato é a tempo completo. A contía será de 10.000 € cando a persoa contratada sexa desempregada e se encadre nalgún dos seguintes colectivos:
a) Persoas desempregadas de longa duración.
b) Maiores de 55 anos.
b) Persoas con discapacidade.
c) Persoas en situación ou risco de exclusión social.
d) Persoas emigrantes retornadas ou persoas estranxeiras.
Axuda para a segunda e terceira persoa traballadora indefinida da persoa autónoma: 10.000 €, se o contrato é a tempo completo. A contía será de 12.000 € cando a persoa contratada sexa desempregada e se encadre nalgún dos seguintes colectivos:
a) Persoas desempregadas de longa duración.
b) Maiores de 55 anos.
b) Persoas con discapacidade.
c) Persoas en situación ou risco de exclusión social.
d) Persoas emigrantes retornadas ou persoas estranxeiras.
No caso de contratacións indefinidas a tempo parcial, as contías das axudas calcularanse en proporción á porcentaxe da xornada efectiva. Nos contratos fixos-discontinuos, a contía da axuda será proporcional ao tempo de traballo (período de actividade do contrato fixo discontinuo).
Os incentivos sinalados nos puntos anteriores incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:
- Se a persoa incorporada é unha muller.
- No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.
- Persoas maiores de 45 anos (non aplicable no caso de que a axuda se conceda polo colectivo de maiores de 55 sinalado na letra b do apartado anterior).
- Persoas trans.
- Se a persoa incorporada é unha muller nunha profesión ou oficio en que a muller estea subrepresentada.
Deste xeito as contías máximas posibles, de se aplicaren todos os incrementos, serían:
- Para a primeira persoa traballadora indefinida: 22.500 euros.
- Para a segunda e a terceira persoa traballadora indefinida: 27.000 euros.
2.- Bono de incentivos á formación:
Axuda de 4.000 euros pola formación de cada persoa traballadora cuxo contrato se subvenciona por medio do bono de contratación, cumprindo os seguintes requisitos: .
- A persoa traballadora que recibe a formación e titorización ten que ser a mesma cuxo contrato se subvenciona a través do bono de contratación.
- A duración da acción formativa será dun mínimo de 70 horas de formación teórica en contidos relacionados co posto de traballo a que asista integramente a persoa traballadora que participa neste programa.
- A acción formativa terá lugar dentro dos tres primeiros meses desde a data da solicitude e deberá estar finalizada o 29 de outubro de 2023.
PRAZO
O prazo de solicitude remata o 29/09/2023.
As axudas concederanse por orde de presentación ata o esgotamento dos fondos.
MÁIS INFORMACIÓN
Acceder ao procedemento de tramitación Código de Procedemento TR349F
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
NON ESQUECER
A persoa traballadora obxecto de subvención deberá manterse no cadro de persoal durante un periodo mínimo de vinte e catro meses, desde a data de realización da contratación.
Estas axudas están sometidas ao réxime de mínimis.